As nosas alumnas de 1º de Bacharelato, Sara Asdih e Analía Estévez, foron as encargadas de redactar e ler o manifesto polo 8M deste ano.
Non podemos estar máis orgullos@s de ver como as nosas rapazas toman a palabra para recordar que o Día Internacional da Muller non é un día de celebración baleira, senón de loita e reivindicación.
Grazas, Sara e Analía, por representarnos tan ben e por lembrarnos que a igualdade real debe ser construída cada día.
