Conseguimos recaudar 1.400 euros para a ONG Lotus Spain, unha cifra que fala por si soa da implicación e da solidariedade de toda a comunidade educativa.
O alumnado volcouse desde o primeiro momento. O grupo de TCAE A estivo ao pé do canón na propia feira: tomando constantes, ofrecendo pautas de hixiene bucodental, falando de nutrición, prevención do cancro, doazón de sangue e primeiros auxilios. Profesionalidade, compromiso e moita humanidade.
Pola súa banda, o alumnado de 2º PECOCA puxo toda a súa creatividade en marcha elaborando libretas e bolígrafos forrados con teas indias para recadar fondos, demostrando que a solidariedade tamén se constrúe con arte e dedicación. Grazas a todas e todos por facer posible unha xornada tan especial. Cando a educación e a solidariedade van da man, o resultado só pode ser marabilloso.
PD: os premiados recordade pasar por conserxería para recoller os vosos premios do sorteo solidario!!
