Por segundo ano consecutivo, o IES Frei Martín Sarmiento celebrou os Erasmus Days, achegando Europa e as oportunidades do programa Erasmus+ ao noso alumnado.
A través de tres actividades interactivas, o alumnado descubriu curiosidades sobre Europa, reflexionou sobre os valores europeos e coñeceu experiencias reais de mobilidade Erasmus+.
Grazas a todo o profesorado e alumnado pola súa participación e implicación!
Preme na ligazón para ver a presentación cos mellores momentos desta celebración.

