O alumnado de 1º e 2º da ESO recibiu unha charla da Cadena SER na que Alfonso e Luz nos achegaron á realidade das fake news e dos bulos en Internet e nas redes sociais.
Aprendemos que todas e todos temos responsabilidade nesa cadea: quen publica, quen comparte, quen difunde… Porque a desinformación ten consecuencias e pode afectar de maneira seria á saúde, á convivencia e á dignidade das persoas.
Grazas, Alfonso e Luz e @radiopontevedraser por axudarnos a mirar esta realidade con máis espírito crítico.

