💡Lembrade que se vos interesa participar, podedes unirvos á reunión na data sinalada ou podedes escribir a mailto:clubdelectura@freimartinsarmiento.com para que recibir máis información. Temos copias de todos os libros na biblioteca, animádevos!
📖No club Júnior imos ler La muy catastrófica visita al zoo de Joel Dicker, unha obra que triunfa a nivel mundial entre adultos, nenos e adolescentes sobre unha peculiar e carismática banda que debe investigar un grave suceso no seu colexio. Se che interesa ou se xa o liches e queres comentalo, vémonos o xoves 15 de outubro na biblioteca no recreo.
📖No club Sénior imos ler Persépole de Marjane Satrapi, unha das novelas gráficas máis importantes do último século. Nela, a autora narra e ilustra as etapas da súa vida, marcada pola revolución islámica e a emigración a Europa. Se che interesa ou se xa o liches, vémonos o xoves 22 de outubro na biblio no recreo!
📖No club de FP imos ler Carcoma de Layla Martínez, unha obra onde a casa e as sombras son elementos protagonistas que gardan as historias da familia que a habita. Se che interesa participar ou se xa o liches e queres comentalo, vémonos o martes 27 de outubro de 14.00h a 16.00h para comentalo!
🚀🧠Únete para coñecer novos mundos e novas historias!
✨Vémonos na biblio!

