O pasado venres, o alumnado de latín de 2º de Bacharelato acudiu ao recital de poesía que tivo lugar na casa Maruxa Mallo co gallo da nova edición do obradoiro de tradución poética "Con barqueira e remador". Seis poetas de procedencias e linguas diversas recitaron o resultado das traducións respectivas que ao longo dunha semana foron elaborando mentres vivían na illa de San Simón. No recital puideron escoitar poesía en linguas diversas como o caxemir, o croata, o polaco, o frisón e o éuscaro e as súas traducións ao galego. Unha experiencia enriquecedora que puxo no centro o valor do plurilingüismo e da tradución non só como vía para tender pontes, senón como fin en si mesmo para o enriquecemento intelectual.
- Inicio
- O centro
-
Departamentos
- Artes Plásticas
- Bioloxía e Xeoloxía
- Economía
- Educación Física e Deportiva
- Electricidade e electrónica
- Fabricación Mecánica
- Filosofía
- Formación e Orientación Laboral
- Francés
- Física e Química
- Imaxe Persoal
- Inglés
- Latín
- Lingua Castelá e Literatura
- Lingua e Literatura Galega
- Matemáticas
- Música
- Orientación
- Relixión Católica
- Sanidade
- Tecnoloxía
- Xeografía e Historia
- Alumnado/Familias
- Oferta Educativa
- Secretaría/Trámites
- Programacións
- Erasmus+
- Citas Imaxe Persoal
- Calendario

