O alumnado de 2º de Bacharelato B e C acompañado polos seus profesores de Lingua
Galega e Historia de España visitou o pasado 22 de setembro o Museo de Pontevedra
para poder observar a obra que Castelao pintou en 1945 para o Centro Ourensán de Bos
Aires, “A derradeira lección do mestre”.
Con esta visita o alumnado soubo o que representa a obra, a execución de Bóveda o 17 de
agosto de 1936, nun período de dura represión en Galicia tralo golpe militar do 17 de xullo.
Tamén aprendeu máis sobre Bóveda e a obra plástica de Castelao, grazas á actividade
desenvolta polo equipo didáctico do Museo.
Foi unha oportunidade para poder ver esta obra que pronto retornará a Arxentina.
- Inicio
- O centro
-
Departamentos
- Artes Plásticas
- Bioloxía e Xeoloxía
- Economía
- Educación Física e Deportiva
- Electricidade e electrónica
- Fabricación Mecánica
- Filosofía
- Formación e Orientación Laboral
- Francés
- Física e Química
- Imaxe Persoal
- Inglés
- Latín
- Lingua Castelá e Literatura
- Lingua e Literatura Galega
- Matemáticas
- Música
- Orientación
- Relixión Católica
- Sanidade
- Tecnoloxía
- Xeografía e Historia
- Alumnado/Familias
- Oferta Educativa
- Secretaría/Trámites
- Programacións
- Erasmus+
- Citas Imaxe Persoal
- Calendario

