Alumnado do noso centro tivo a oportunidade de asistir presencialmente a un Pleno do Concello de Pontevedra, achegándose ao funcionamento das institucións e vendo en directo como entran en xogo a comunicación, a negociación, o debate e a defensa de diferentes intereses.
Pero desta vez non fomos só como visitantes: o Frei Martín Sarmiento tamén foi protagonista. No Pleno abordáronse diferentes necesidades de mellora do noso centro, como a instalación dun ascensor, a adecuación das infraestruturas ou a necesidade de reforzar os recursos de orientación educativa, entre outras.
Unha experiencia para aprender, participar e comprender que a cidadanía tamén se exerce implicándonos na mellora do que é de todas e todos.
Grazas á @anpaxocas polo seu compromiso e traballo na defensa das necesidades do noso centro e dunha educación pública de calidade.
