O pasado xoves 17 de setembro, alumnado de 4º da ESO e 2º de Bacharelato do noso centro, visitou Radio Pontevedra para coñecer de preto como funciona unha radio profesional e vivir en directo programas como Hoy por Hoy e La Opinión.
Unha experiencia estupenda que nos serve para seguir aprendendo e preparando a nosa participación na 3ª edición dos Premios José Hermida.
E agora… tócanos practicar!
Agardámosvos no noso estudio de radio escolar FMSRadio, na biblioteca, durante os recreos!!!
