Este luns o alumnado de 1º da ESO realizou unha magnífica andaina guiada por Marcos Guiadanes no Campus As Lagoas (Marcosende). Durante o percorrido puideron identificar in situ diversas especies autóctonas galegas e comprender mellor os beneficios do bosque autóctono fronte ás plantacións de especies alóctonas, como o piñeiro ou o eucalipto, que ademais de empobrecer os solos tamén incrementan o risco de incendios. Grazas Marcos por esta xornada tan didáctica e amena!
Clic na imaxe para acceder ao álbum

