Nutrimentes visita o proxecto “Snacks FP: Bocados Responsables” no CIFP Carlos Oroza
O pasado 28 de maio, o equipo do proxecto Nutrimentes tivo a oportunidade de visitar o CIFP Carlos Oroza para coñecer de primeira man o proxecto “Snacks FP: Bocados Responsables”, unha iniciativa centrada na promoción dunha alimentación saudable e sostible na Formación Profesional.
🥗 Durante a xornada, os centros participantes presentaron os diferentes produtos desenvolvidos no marco do proxecto, orientados a ofrecer alternativas nutritivas e de calidade aos snacks ultraprocesados habituais. Ademais, os asistentes puidemos degustar unha ampla variedade de elaboracións que destacaron pola súa creatividade, valor nutricional e aposta polos produtos de proximidade.
💡 A visita resultou especialmente enriquecedora, xa que permitiu intercambiar experiencias e coñecer iniciativas innovadoras relacionadas coa educación alimentaria, a sustentabilidade e a promoción de hábitos saudables nos centros educativos.
🤝 Desde Nutrimentes queremos agradecer ao CIFP Carlos Oroza a súa acollida e a oportunidade de coñecer un proxecto que constitúe un excelente exemplo de innovación, colaboración e compromiso coa alimentación responsable.
🌱 Pequenas accións como esta contribúen a construír unha comunidade educativa máis consciente, saudable e sostible.
