O pasado xoves 14 de maio, profesorado, familias e amizades reuníronse en Finca Batacos coas alumnas e os alumnos do noso centro para celebrar que finalizan os seus estudos de Bacharelato. Foi un acto cheo de ilusión, recoñecemento mutuo e agradecementos, pero sobre todo, de todos aqueles ingredientes que conseguiron quecer unha tarde fría: humor, talento musical e boa poesía.
Clic na imaxe para acceder ao álbum

