O IES Frei Martín Sarmiento continúa a abrir as súas portas ao mundo.
Entre o 12 e o 25 de abril tivemos o pracer de recibir no noso centro ao alumnado do Berkshire Waldorf High School (Stockbridge, Massachusetts, EEUU), dentro do programa de intercambio escolar. Os estudantes foron acollidos por familias de 3º e 4º da ESO, compartindo con elas unha experiencia única de convivencia e aprendizaxe.
Durante a súa estancia, participaron na vida académica asistindo ás clases cos seus correspondentes, descubriron a vila de Pontevedra e visitaron diferentes lugares da contorna. Ademais, mergulláronse na nosa cultura a través dun obradoiro de cociña galega, no que aprenderon a preparar pratos tradicionais como a empanada, a tortilla, as filloas e a tarta de Santiago.
Houbo tamén tempo para a convivencia e o lecer, con dous días inesquecibles na residencia de tempo libre da Xunta en Panxón, así como para gozar dun espectáculo de música e baile tradicional galego.
Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora que deixa pegada tanto no noso alumnado como no grupo estadounidense.
Agora comeza a conta atrás: dentro dun ano será a nosa quenda de viaxar a Massachusetts para completar este intercambio!
Clic na imaxe para acceder ao álbum
