O alumnado de 1º da ESO viviu unha experiencia única achegándose ao mundo da radio profesional na emisora Radio Pontevedra Cadena SER.
Durante a visita, coñeceron os espazos de gravación e edición, descubriron como se constrúe un programa desde dentro e aprenderon claves fundamentais para comunicarse mellor: uso da voz, postura corporal e técnicas de respiración.
Pero o mellor estaba por chegar: participaron en directo nun programa de radio, sentindo os nervios e a emoción de falar nunha emisora real.
Ademais, tiveron a oportunidade de falar sobre o coidado dos animais domésticos con Guillermo Campos, veterinario de Poio quen respondeu ás súas preguntas e achegou recomendacións moi útiles.
Pero tamén houbo momento para a memoria: facía xusto un ano do apagón, e o alumnado recordou ese día, compartindo en directo as súas reflexións e vivencias.
Esta actividade enmárcase dentro da nosa participación na II Edición dos Premios José Hermida que aposta pola radio como ferramenta de aprendizaxe.
Moitísimas grazas a todo o equipo de Radio Pontevedra pola cariñosa acollida. Así da gusto aprender!
@premiosjosehermidaradio #FMSRadio #RadioEscolar #IesFreiMartinSarmiento #PremiosJoseHermida
Pincha na imaxe para acceder ás fotografías do álbum
