A semana pasada recibimos, dentro do marco das Xornadas de Educación Cívico-Tributaria, a visita de Rebeca Calviño, da Delegación da AEAT de Pontevedra.
Foi unha formación moi interesante e enriquecedora para o alumnado dos ciclos de FP, através da cal puideron coñecer mellor a importancia dos impostos, o seu papel no funcionamento da sociedade e o valor da responsabilidade cidadá.
Queremos destacar especialmente a excelente presentación de Rebeca, pola súa calidade, claridade e capacidade para achegar conceptos fundamentais dun xeito próximo e comprensible. Agradecémoslle tamén a súa marabillosa disposición, profesionalidade e cercanía co alumnado.
#EducaciónCívicoTributaria #FP #IESFMS #FOL


