Do 14 ao 23 de abril estivemos practicando xogos tradicionais como "os bolos celtas", a "chave de Santiago" e o "aro" con material prestado polo CFR. Nestes días tamén aproveitamos para levar a cabo outros xogos populares como: "O escondite", o "Un, dous, tres escondite inglés", "Os aros musicais" (versión das cadeiras musicais) ou "Polis e cacos".
Clic na imaxe para acceder ás imaxes do álbum

