Participamos na xornada radiovisual interescolar Ponte nas Ondas, compartindo directo arredor do patrimonio cultural galego. O noso programa Son da Terra puxo o foco na gaita como símbolo da nosa identidade. Sara, Jialan e Mateo alumnos de 1º de Bacharelato entrevistaron ao noso profe e gaiteiro Flavio nunha conversa chea de historia, emoción e reflexión sobre o valor da música tradicional. O final?… Espectacular. Unha peza en directo preparada especialmente para esta xornada que interpretou Flavio xunto a Roberto, Xosé e Rocío, da Asociación Os Fervellos do Pío.
