Programa Edu-Exchanges de intercambio con Suecia
Na semana do 19 ao 24 de marzo, o alumnado de 4ESO e 1BACH puido desfrutar dunha semana de intercambio lingüístico e cultural con alumnado do Vimmerby Gymnasium (Vimmerby, Suecia).
📚🫎🧊Entre outras moitas cousas, nesa semana puidemos desfrutar da cidade de Estocolmo, un safari de alces, unha xornada na pista de hockey ou unha cea típica cociñada polo alumnado sueco e galego, ademais da vida diaria en Vimmerby e no Vimmerby Gymnasium. Todo isto mentres o alumnado se empapaba da lingua inglesa para poder comunicarse. 🫂
As lágrimas no día da despedida indican que o listón está moi alto, que foi unha experiencia única e que estamos desexando recibir ao alumnado sueco en xuño. Tack por esta experiencia ao noso alumnado, que se comportou marabillosamente en todo momento, e tack ás familias e profesorado sueco pola acollida. Que ganas de recibilos! 👏
Clic na imaxe para acceder ao álbum de fotografías

