Documentación para a matrícula nas probas de certificación- 2025-2026
A inscrición feita en liña non terá validez ata que a matrícula se formalice. Para formalizala, o alumnado debe presentar en liña, desde a mesma ligazón da inscrición correspondente e nos prazos establecidospara a formalización de matrícula, a seguinte documentación:
a) Pagamento das taxas. Resgardo do pago dos prezos públicos (Máis información ↩) segundo o Decreto 89/2013, de 13 de xuño ↩ ou certificado de bonificación ou exención de prezos públicos correspondente, se é o caso.
b) Identificación do alumnado. Un escaneado de ambas caras do DNI, NIE ou pasaporte.
IMPORTANTE: No caso de que a persoa candidata se identificara cun documento distinto do DNI ou do NIE deberá formular a solicitude presencialmente na secretaría da EOI no prazo establecido para a matrícula, que, neste caso, estará suxeito ao horario da secretaría do centro en que a persoa se matricule.
c) Alumnado menor de idade. O alumnado menor de 16 anos a 31 de decembro do ano en curso (que teña 14 ou 15 anos) debe achegar un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na ESO a no presente curso escolar, expedido polo centro onde estea matriculado, consonte o seguinte modelo anexo II- Certificado de primeira lingua estranxeria na ESO.
Ademais, os/as titores/as legais de todo o alumnado menor de idade deberán descargar e encher o anexo 7.2 co protocolo de menores e achegalo coa documentación da matrícula. Pódese descargar o anexo 7.2 nesta ligazón.
d) Cursos CALC. Para alumnado dos cursos CALC a realización das probas estará condicionada ao cumprimento do requisito de asistencia, que se acreditará a través dun documento emitido polo CFR correspondente e que será entregado na secretaría da EOI correspondente con data limite do 14 de maio de 2026.
e) Adaptación de probas. O alumnado que precise condicións especiais para a realización das probas debido a algún tipo de discapacidade deberá xustificalo mediante un certificado oficial e solicitar a adaptación da proba cubrindo o seguinte formulario anexo III-Solicitude de adaptación de probas. Prema aquí para máis información.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
![]() |
![]() |










