Adaptación de probas. Alumnado libre. Curso 2025-2026
De acordo co establecido no artigo 3.9. do Real Decreto 1/2019, do 11 de xaneiro, no caso do alumnado que presenta discapacidade, o deseño, a administración e a avaliación das probas para a obtención dos certificados terán que basearse nos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e compensación de desvantaxes. Os procedementos de avaliación conterán as medidas que resulten necesarias para a súa adaptación ás necesidades especiais deste alumnado.
O alumnado que precise condicións especiais para a realización das probas debido a algún tipo de discapacidade deberá xustificalo mediante un certificado oficial e solicitar a adaptación da proba cubrindo o seguinte formulario anexo III-Solicitude de adaptación de probas.
A EOI poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes do departamento territorial respectivo para que se determinen as adaptacións pertinentes.
En calquera caso, de acordo co disposto no artigo 3.9. do Real decreto 1/2019, do 11 de xaneiro, o alumnado que necesite condicións especiais para a realización da avaliación de certificación non será dispensado da realización de ningunha das partes das que conste a proba, que será única para todo o alumnado.
O alumnado con discapacidade que se inscriba polo réxime libre nas probas de nivel B2 ou C1 de inglés ou galego deberá indicar por orde de preferencia tres centros en que se van administrar as probas. Unha vez validada a documentación xustificativa da discapacidade, non lle será de aplicación o procedemento de adxudicación que se refire no apartado 3.5. da instrución de matrícula, podendo realizar as probas no primeiro centro escollido.
![]() |
![]() |










