Sobre o proceso de preinscrición
Teño que facer preinscrición? Depende. Terá que facer preinscrición todo o alumnado que non estivese matriculado no mesmo idioma o curso anterior. É dicir, o alumnado
- que se matricula no primeiro curso (A1) de calquera idioma.
- que ten titulacións doutros organismos certificadores que lle dan acceso a un nivel diferente de A1/A2.
- que fixo a proba de clasificación neste ano ou no anterior.
- que aprobou este ano algún nivel pola convocatoria libre e agora quere continuar os seus estudos.
Tamén debe facer a preinscrición o alumnado
- que estivo matriculado o curso pasado e que presentou renuncia á matricula.
- que estivera matriculado noutra EOI de Galicia o curso pasado e pida traslado.
- que xa cursou con anterioridade ao curso pasado algún idioma nunha EOI de Galicia.
Como sei en que nivel debo preinscribirme? Se vostede desexa comezar de cero, debe preinscribirse no 1º curso do idioma (xeralmente A1). Se xa ten coñecementos dun idioma consulte esta información.
En cantos grupos me podo preinscribir? Cada persoa poderá presentar unha única preinscrición con tres preferencias priorizadas de grupos, nun máximo de dous idiomas.
Podo cambiar a miña preinscrición? Si, sempre durante o prazo de preinscrición.
Como sei se me adxudicaron praza? Despois das datas indicadas de adxudicación debe entrar de novo na súa preinscrición e, se ten praza, daranlle a oportunidade de formalizar a súa matrícula desde esa mesma páxina.
Se me preinscribo e me adxudican unha praza pero non me matriculo en prazo, que pasa? Que perde a praza que se lle adxudicou e xa non terá prazo para unha nova preinscrición.
Se me pasa a miña quenda de preinscrición ou de matrícula, que pasa? Non poderá preinscribirse ou matricularse nas seguintes quendas. Porén, pode optar a algunha das prazas vacantes que queden ao final de todos os prazos de matrículas e reiniciar o procedemento conforme ás indicacións para a matrícula en vacantes.
Se hai máis solicitudes que prazas como se adxudican? Para a asignación de prazas, o sistema informático en que se realizaron as preinscricións obterá un número de corte por idioma a partir do cal se asignarán as vacantes dispoñibles; este número obtense aleatoriamente entre todos os números asignados a cada solicitante dese idioma e curso no momento da preinscrición.
A adxudicación de prazas realizarase por persoa, empezando pola solicitude que teña o número obtido no sorteo, respectando a orde de preferencia indicada na solicitude e pasando á seguinte persoa cando se lle asigne praza nun grupo ou cando non obteña praza en ningún dos grupos solicitados.
O sorteo realizase en acto público nalgunha das escolas de idiomas de Galicia. Publicase xunto coas instrucións de matrícula en que centro é segundo o curso escolar.
![]() |
![]() |










