Solicitudes e prazos de inscrición
As persoas solicitantes destes cursos poderán facer unha única solicitude de inscrición por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos. En caso de adxudicación de praza en máis dun curso, o/a alumno/a deberá optar por un só curso nunha soa escola.
IMPORTANTE: O proceso de matrícula faise EN LIÑA na súa totalidade nesta aplicación web:
https://www.eoidigital.com/preinslinguagalega/alumnos
Curso 2026-2027 | Primeiro cuadrimestre | Segundo cuadrimestre |
| Prazo de presentación de solicitudes (1) | Do 29 de xuño ata o 10 de xullo de 2026 | Do 2 ao 13 de novembro de 2026 |
| Datas de asignación de prazas en sorteo público (2) | No momento de cubrir o formulario de inscripción, asignarase un número a cada solicitude que será utilizado no sorteo no que se asignarán as prazas. Este sorteo farase en acto público, na EOI da Coruña, os seguintes días: | |
| 13 de xullo de 2026 ás 10.00 h | 16 de novembro de 2026 ás 10.00 h | |
| Consulta a admisión no grupo solicitado na aplicación web | Consulte se foi admitido no enderezo www.eoidigital. com/preinslinguagalega a partir das seguintes datas: | |
| 14 de xullo de 2026 | 17 de novembro de 2026 | |
| Prazos de formalización de matricula (3) | Do 14 ata o 23 de xullo de 2026 | Do 17 ata o 26 de novembro de 2026 |
1. Serán excluídas automaticamente as seguintes solicitudes:
- As presentadas fóra de prazo.
- As que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado
- As que conteñan falsidades ou oculten datos esenciais para a selección das persoas aspirantes
- As que non se axusten ao formulario de solicitude.
2. Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25. No caso de que un curso non acade o número mínimo de solicitantes, a Dirección Xeral de Formación Profesional poderá autorizar expresamente a súa realización. No caso de non realizarse o curso, a escola oficial de idiomas comunicarállelo ás persoas solicitantes.
Se un curso ten un número de solicitantes que cumpran os requisitos maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por sorteo. Para a asignación de prazas o sistema informático obterá un número de corte por curso a partir do cal se asignarán as vacantes dispoñibles. Este número obtense aleatoriamente entre todos os números asignados a cada solicitante dese curso. A adxudicación de prazas realizarase por persoa, empezando pola solicitude que teña o número obtido no sorteo, respectando a orde de preferencia indicada na solicitude e pasando á seguinte persoa cando se lle asigne praza nun grupo ou cando non obteña praza en ningún dos grupos solicitados.
3. Se resulta admitido, deberá formalizar a matrícula na aplicación web e presentar a documentación correspondente nos prazos establecidos.
Presentación da documentación e formalización da matrícula
Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, a documentación presentarase telemáticamente dende o mesmo enderezo da preinscrición: www.eoidigital. com/preinslinguagalega.
Seleccione unha das seguintes ligazóns, segundo a súa matrícula, para máis información:
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
De ser ese o caso, a falta de presentación destes documentos, no prazo establecido para cada cuadrimestre, dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da lista de espera.
Alumnado con discapacidade recoñecida
O alumnado con discapacidade recoñecida oficialmente farao constar na súa solicitude. A escola poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da dirección territorial respectiva, no prazo máximo dun mes, contado a partir do último día establecido para a presentación da documentación (artigo quinto da resolución), para que se determinen as adaptacións pertinentes.
![]() |
![]() |
![]() |











