Documentación para formalizar a matrícula nos cursos Celga
Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, as persoas selecconadas deberán entrar de novo na seguinte aplicación para presentar a documentación correspondente dentro dos prazos establecidos:
www.eoidigital.com/preinslinguagalega
- Unha copia do DNI ou NIE por ambas caras (non será necesaria se a persoa xa foi alumna da escola). No caso de identificarse cun documento distinto do DNI ou NIE, a persoa aspirante terá que realizar o trámite na oficina administrativa da escola onde se matricule.
- Un certificado que acredite que a persoa se atopa nunha das circunstancias establecidas no artigo 162 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia (DOG núm. 233 do 11.12.2023).
- O certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
De ser ese o caso, a falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da listaxe de agarda.
Alumnado con discapacidade recoñecida oficialmente
O alumnado con discapacidade recoñecida oficialmente farao constar na súa solicitude. A escola poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes do departamento territorial respectivo, no prazo máximo dun mes contado a partir do último día establecido para a presentación da documentación (artigo quinto da resolución), para que se determinen as adaptacións pertinentes.
![]() |
![]() |
![]() |











