Matrícula probas de certificación
Curso 2025-2026
Alumnado libre dos niveis B2 e C1 de galego e inglés
Todos os trámites relacionados coa inscrición e formalización da matrícula do alumnado libre dos niveis B2 e C1 de galego e inglés realizaranse en liña, no seguinte enderezo:
https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre
| Alumnado libre dos niveis B2 e C1 de galego e inglés | ||
| Prazo de inscrición en liña | > | 23 febreiro- 06 marzo 2026 (ata ás 23:59h) |
| Data e lugar sorteo | > | 11 marzo 2026 ás 12.00 h na EOI da Coruña |
| Consulta de admisión | > | 12 de marzo (no mesmo enderezo da inscrición) |
| Formalización de matrícula | > | 12 marzo- 20 marzo 2026 (ata ás 23:59h) |
| Non se admitirá documentación fóra de prazo. A inscrición feita en liña non terá validez ata que o alumnado a formalice, a través da mesma aplicación web | ||
Inscrición en liña:
- Débese realizar unha solicitude para cada idioma e nivel no que o alumnado desexe matricularse.
- O alumnado dos niveis B2 e C1 de galego e inglés deberá seleccionar polo menos tres centros (EOI e/ou extensións) en que se van administrar as probas, de acordo coa súa orde de preferencia.
- O alumnado con discapacidade que se inscriba polo réxime libre nas probas de nivel B2 ou C1 de inglés ou galego deberá indicar por orde de preferencia tres centros en que se van administrar as probas. Unha vez validada a documentación xustificativa da discapacidade, poderá realizar as probas no primeiro centro escollido.
- No momento de cubrir o formulario de inscrición, a aplicación asignaralle un número a cada solicitude, independentemente da escola, idioma e nivel solicitados.
- Importante: lembre o contrasinal do seu perfil porque o vai precisar cando formalice a matrícula.
Sorteo:
- Para a asignación de prazas, o sistema informático obterá un número de corte por idioma e nivel, sorteado aleatoriamente entre todos os números asignados a cada solicitante dese idioma e nivel. O sorteo deste número realizarase en acto público, o día 11 de marzo, ás 12.00 horas, na EOI da Coruña (rúa Educación, 1, A Coruña).
- A adxudicación de prazas realizarase empezando pola solicitude que teña o número obtido no sorteo e asignándolles a primeira opción ás persoas solicitantes, ata completar o número de prazas dispoñibles. A continuación asignaranse as seguintes opcións, respectando a orde de preferencia indicada na solicitude. No caso de non seren adxudicadas en ningún dos centros solicitados ao non existir vacantes, as persoas solicitantes serán adxudicadas de oficio.
- O día 12 de marzo, o alumnado poderá consultar na aplicación web da inscrición a escola, ou extensión, onde foi admitido.
Formalización de matrícula:
A inscrición feita en liña non terá validez ata que o alumnado a formalice. Para formalizar a matrícula, o alumnado debe presentar en liña na mesma aplicación web da inscrición e dentro dos prazos establecidos a seguinte documentación:
a) Resgardo do aboamento dos prezos públicos (Máis información ↩) segundo o Decreto 89/2013, de 13 de xuño ↩ ou certificado de bonificación ou exención de prezos públicos correspondente, se é o caso.
Importante: Só procederá a devolución de prezos públicos por causas non imputables á persoa obrigada ao pagamento. A adxudicación dun centro distinto dos indicados na solicitude de matrícula non constitúe causa de devolución, porque non poderá ser alegada como impedimento para a realización das probas.
b) Un escaneado por ambas caras do DNI, NIE ou pasaporte. IMPORTANTE: No caso de que a persoa candidata se identificara cun documento distinto do DNI ou do NIE, deberá formular a solicitude presencialmente na secretaría da EOI no prazo establecido, que estará suxeito ao horario da secretaría do centro en que a persoa se matricule.
c) Alumnado menor de idade. O alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro do ano en curso non se poderá matricular do idioma que estea cursando na ESO como primeira lingua estranxeira. Debe achegar un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na ESO a no presente curso escolar, expedido polo centro onde estea matriculado, consonte o seguinte modelo: anexo II- 1º lingua na ESO
Ademais, os/as titores/as legais de todo o alumnado menor de idade deberán descargar e encher o anexo 7.2 co protocolo de menores e achegalo coa documentación da matrícula. Pódese descargar o anexo 7.2 nesta ligazón.
d) O alumnado que precise condicións especiais para a realización das probas, debido a algún tipo de discapacidade física ou sensorial, deberá xustificalo mediante un certificado oficial e solicitar a adaptación da proba cubrindo o seguinte formulario: anexo III- Solicitude de adaptación de probas-convocatoria libre
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
IMPORTANTE - INCOMPATIBILIDADES:
O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial (incluído o programa That's English!) e libre simultaneamente.
![]() |
![]() |










