Matrícula probas certificación
Curso 2025-26
Alumnado libre (agás niveis B2 e C1 de galego e inglés)
Todos os trámites relacionados coa inscrición e formalización da matrícula do alumnado libre (agás niveis B2 e C1 de galego e inglés) realizaranse en liña, na seguinte aplicación web:
https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre
| Alumnado libre (agás niveis B2 e C1 de galego e inglés e alumnado CALC e CUALE) | ||
| Prazo de matrícula en liña e de formalización de matrícula | > | 23 febreiro- 06 marzo 2026 (ata ás 23:59h) |
| A matrícula feita en liña non terá validez ata que se formalice, a través da mesma aplicación web. Non se admitirá documentación fóra de prazo | ||
Débese realizar unha solicitude para cada idioma e nivel no que o alumnado desexe matricularse.
É importante que vostede lembre o contrasinal do seu perfil porque o vai precisar cando formalice a matrícula.
Para formalizar a matrícula, o alumnado debe presentar en liña na aplicación web correspondente e dentro do prazo establecido a seguinte documentación:
a) Resgardo do aboamento dos prezos públicos (Máis información ↩) segundo o Decreto 89/2013, de 13 de xuño ↩ ou certificado de bonificación ou exención de prezos públicos correspondente, se é o caso.
Importante: só procederá a devolución de prezos públicos por causas non imputables á persoa obrigada ao pagamento. A adxudicación dun centro distinto dos indicados na solicitude de matrícula non constitúe causa de devolución, porque non poderá ser alegada como impedimento para a realización das probas.
b) Un escaneado por ambas caras do DNI ou, no caso de persoas estranxeiras, NIE ou pasaporte. IMPORTANTE: No caso de que a persoa candidata se identificara cun documento distinto do DNI ou do NIE, deberá formular a solicitude presencialmente na secretaría da EOI no prazo establecido para a matrícula. Neste caso, o prazo final estará suxeito ao horario da secretaría do centro en que a persoa se matricule.
c) Alumnado menor de idade. O alumnado menor de 16 anos a 31 de decembro do ano en curso (que teña 14 ou 15 anos) debe achegar un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na ESO a no presente curso escolar, expedido polo centro onde estea matriculado, consonte o seguinte modelo anexo II- Certificado de primeira lingua estranxeria na ESO.
Ademais, os/as titores/as legais de todo o alumnado menor de idade deberán descargar e encher o anexo 7.2 co protocolo de menores e achegalo coa documentación da matrícula. Pódese descargar o anexo 7.2 nesta ligazón.
d) Adaptación de probas. O alumnado que precise condicións especiais para a realización das probas debido a algún tipo de discapacidade deberá xustificalo mediante un certificado oficial e solicitar a adaptación da proba cubrindo o seguinte formulario anexo III-Solicitude de adaptación de probas. Prema aquí para máis información.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
IMPORTANTE - INCOMPATIBILIDADES:
O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial (incluído o programa That's English!) e libre simultaneamente.
![]() |
![]() |










