Probas para o alumnado oficial: Ao final do curso, o alumnado terá que presentarse a unha proba final para certificar un nivel (A2, B1. B2, C1 ou C2) ou promocionar ao seguinte curso (A1, B2.1, C1.1). Nos dous casos o alumno dispón de dúas convocatorias oficiais:
Unha convocatoria ordinaria, que adoita ter lugar a primeira quincena de xuño,
Unha convocatoria extraordinaria que adoita ter lugar na segunda quincena de xuño.
O alumnado que se presenta ás probas de certificación por libre só dispon da convocatoria ordinaria para poder obter a certificación dun nivel.
As probas constan de cinco partes ou destrezas e desenvólvense presencialmente en dous días diferentes: un día para o exame escrito e outro día para o exame oral. As datas das probas publícanse normalmente cada ano a finais de abril.
Nas seguintes ligazóns pódese consultar a información xeral sobre as probas de certificación:
| As guías informativas das probas | Os modelos de probas de certificación |
| Instrución 3/2025 da Dirección Xeral de FP | As táboas de avaliación utilizadas: |