A proba de clasificación é unha proba que diagnostica o nivel lingüístico dun alumno para darlle acceso a un curso determinado. Na EOI de Cee haberá unha proba de clasificación en xuño e outra en setembro. A proba de xuño será o día 23 ás 10:30h, na aula 501.
Teñen dereito a realizar as probas de clasificación de inglés o alumnado que non estudiara na EOI na modalidade presencial nos dous últimos cursos e cumpran 16 anos antes do 31 de decembro de 2026.
É importante destacar que: non é obrigatorio facer a proba de clasificación para matricularse en inglés na EOI. Poderá rexistrarse con outras titulacións de inglés ou directamente en A1 se non conta con ningún certificado ou ningún coñecemento previo.
Se opta por facer a proba de clasificación debe ter en conta que:
- A proba de clasificación é unha proba de nivel para aqueles que accedan a estudos dunha lingua nunha EOI e teñan coñecementos previos que non podan certificar.
- A proba de clasificación non certifica o nivel de lingua. É unha vía de acceso a un curso superior cando non hai documentación que certifique ese nivel.
- A proba non da dereito automático a unha praza no nivel no que se vaia matricular o alumnado.
- O resultado da proba será válido para matricularse en calquera EOI de Galicia durante dous cursos.