Nota máxima TOTAL | Nota máxima por PARTE | Nota mínima TOTAL APTO | Nota mínima por PARTE APTO
| Nota NON APTO TOTAL |
125 | 25 | 81,25 | 16,25 | Todas as notas por debaixo do 81,25 |
Importante: No caso de que o alumnado obteña un NON APTO entre o 12,5 e o 16, nalgunha das partes, poderá ocorrer o seguinte:
- que o alumnado teña unha nota final APTA. O sistema de avaliación permite sumar os non aptos entre 12,5 e 16 co resto das notas por encima do 16,25 das outras partes. Se o resultado final da suma é un 81,25, a calificación do nivel será APTO.
- que o alumnado que obtivera un NON APTO na convocatoria ordinaria poida non presentarse algunha parte cunha nota entre 12,5 e 16 na convocatoria extraordinaria e decida presentarse só á(s) parte(s) por debaixo do 12,5, partes ás que ten a obriga de presentarse. É responsabilidade do alumnado decidir a que partes presentarse. O profesorado NUNCA suxerirá nada a este respecto.
- que nas revisións ou reclamacións das calificacións o alumnado refírese a notas, por exemplo, un 13, como notas aptas, mais insisto como responsable da sección, un 13 é un NON APTO (moi non apto), mesmo un 16.