• As datas das probas orais dos exames serán publicadas nesta sección da web a finais do mes de marzo.
- As convocatorias orais individuais DO ALUMNADO LIBRE (franxas horarias) serán publicadas no apartado INFORMACIÓN ALUMNADO LIBRE e enviadas o día 8 de maio a través do correo de contacto que aparece na matrícula. O dia 5 de maio, enviouse un correo dende a xefatura da Sección para a confirmación do correo. O alumnado da convocatoria de libre DEBERÁ RESPONDER a ese correo.
• As convocatorias orais individuais DO ALUMNADO OFICIAL (franxas horarias) serán publicadas polo profesorado a través das súas aulas virtuais na última quincena do mes de abril. Despois da data final do proceso de renuncias.
• Se o alumnado OFICIAL non accedeu nunca á aula virtual debe contactar coa xefa de estudos da sección no correo de contacto.
• NUNCA se informará ao alumnado individualmente da súa franxa horaria.
• NON se cambiará a franxa horaria na que o alumnado estea convocado agás o caso de incompatibilidade con outros exames, horarios de traballo ou outras circunstancias. O alumnado deberá
1. contactar coa xefa de estudos da sección no correo de contacto o día seguinte a que se publique o día da convocatoria en marzo; ou, no caso de que a franxa horaria da convocatoria sexa incompatible, o día seguinte á publicación desta na aula virtual en abril.
2. solicitar o cambio achegando un certificado oficial do motivo da solicitude.
3. comprobar ás 24 horas a resposta á súa solicitude.