COMEZO DAS CLASES. URXENTE. O alumnado debe consultar aquí o día e hora do inicio das súas clases. Por causas alleas á sección, non todos os grupos empezan o día ou hora prevista. O alumnado deberá consultar o acceso ás aulas aquí O venres, 11 de setembro, a xefa de estudos enviou un correo a todo o alumnado matriculado ata ese día ás 16:00, con información sobre o primeiro día de clase. No caso do alumnado que non o recibiu, deberá enviar un correo a eoi.coruna.arteixo@edu.xunta.gal. No caso de que algún grupo non inicie as clases nas datas previstas, publicarase nesta sección da web, NUNCA por correo. Dende a xefatura da sección, se aconsella consultar esta web para todos os temas relacionados coa xestión dos grupos durante todo o curso académico. O alumnado NON debe comprar o libro de texto ata que llo indique o profesorado.
|
| IMPORTANTE!! O alumnado oficial de novo acceso que non fixo a preinscrición, así como outro alumnado que non se matriculou dentro do seu prazo , poderá matricularse nas vacantes que queden a partir do 3 de agosto e ata o 18 de setembro. Toda a información AQUÍ |