That’s English! é un programa de educación a distancia para aprender inglés creado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e Deportes. A EOI de A Coruña é centro de apoio titorial deste programa, ofrecendo a posibilidade de asistir ás titorías e realizar os exames no centro.
Toda a información sobre o funcionamento do programa That’s English! pode atoparse na súa web oficial, así como na Instrución 2/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a organización dos niveis Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2 e Avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2024/25.