Exercicios interactivos
Ao longo das diferentes unidades didácticas, os exercicios interactivos serán elementos enriquecedores e motivadores para a aprendizaxe do noso alumnado, deseñados a conciencia para contribuír ao deseño universal para a aprendizaxe.
Neste punto, presentamos dous grandes grupos ou categorías para este tipo de exercicios:
- Os que se incorporan no propio eXeLearning, facendo uso dos iDevices Actividades interactivas e Xogos.
- Os que farán uso de ferramentas externas, non recomendado se non é imprescicindible para o REA.