Saltar navegación

3.5.3. Créditos dos recursos multimedia

Hai que destacar neste punto que é de vital importancia o feito de que todas as fontes usadas para armar o REA, tanto externas (elaboradas por terceiros) como propias (elaboradas por calquera membro do proxecto) queden ben referenciadas.

Os nosos materiais ofrécense baixo unha licenza libre Creative Commons. O uso de diferentes elementos multimedia deberá respectar e ser compatible con esta licenza. 

En xeral, hai que ter en conta:

  • Os recursos incluídos de terceiros e os de elaboración propia (tanto as imaxes inseridas, infografías, audios e outros recursos embebidos), que usemos, deben ser orixinais e dispor dunha licenza Creative Commons BY-NC-SA ou compatible.
  • As ligazóns a contidos externos (tanto blogs, páxinas web ou calquera tipo de recurso multimedia) deben apuntar obrigatoriamente ao recurso orixinal ou, na súa falta, a publicacións nos que os autores ou as autoras autoricen expresamente a súa publicación e difusión. Nas ligazóns débese seleccionar "Destino →Nova xanela" para que non se perda o REA. Exemplo: Nesta ligazón podes acceder á páxina do repositorio de recursos cREAgal .
  • Tamén se poden incluír agradecementos a persoas externas que quitaran fotos, gravaran audios etc., e cedesen os dereitos de uso dos seus recursos ao proxecto.

Debemos ter presente que é fundamental respectar ao máximo a licenza que a persoa autora orixinal lle deu á súa imaxe ou recurso. Por tanto, non só debemos indicar quen é o propietario ou a propietaria ou de onde a obtivemos, senón tamén o tipo de licenza que ese recurso ten.

Que tipo de referencias ofreceremos?

A referencia dos recursos multimedia serán diferentes en función do lugar onde se sitúen: 

  • Nas páxinas interiores do REA só se mostrarán as imaxes e resto de recursos multimedia co seu título e descrición, para a accesibilidade e a lectura automática de pantalla.
  • Na páxina "Créditos" do REA si ten que aparecer a información completa dos recursos que incorporamos e todos os metadatos dispoñibles de cada elemento multimedia para cumprir así cos principios de calidade. Na devandita sección, aparecerá unha paxinación (Efectos FX) no que engadiremos as imaxes cun tamaño menor, fixando 200 px en altura, pulsando o check Limitar as proporcións.

Vexámolo mellor cos seguintes exemplos:

Exemplo de recurso no contido para o alumnado

Imaxe que amosa as partes dun robot

Exemplo de recurso en Créditos (referencia completa)

Completarase a lapela Título e Recoñecemento do elemento, pero non o Encabezado. 

  • A referencia do recurso irá debaixo del.
  • Tamaño de letra 10 pt.
  • O título da obra (ou o pé de foto que elixamos) irá en cursiva.
  • Texto centrado respecto ao recurso
Imaxe que amosa as partes dun robot
Maria Clares Gonzalez. Partes dun Robot (CC BY )

Referencias a recursos e ferramentas coas que foron creados

Na páxina de Créditos hai que incluír non só os créditos de imaxes, senón tamén de vídeos, infografías, audios ou calquera outro elemento de terceiros.
Nos devanditos créditos débese engadir, ademais, a ferramenta autorizada do proxecto coa que se creou.

Recursos de elaboración propia

Os recursos multimedia de elaboración propia referéncianse na páxina na que aparecen, indicando na autoría Elaboración propia (proxecto cREAgal). aplicación xeradora de créditos permite xerar esta atribución.

Periférico
Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir de pictogramas de ARASAAC. Periférico (CC BY-NC-SA)
Memoria RAM
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Memoria RAM (CC BY-NC-SA)
  • Para material que consista nunha modificación dunha obra, sempre que a licenza o permita:

Obra derivada (proxecto cREAgal) de [Título da obra orixinal e ligazón ao sitio web] de [autoría da obra orixinal  e ligazón ao sitio web da persoa autora] baixo licenza [licenza da obra orixinal]. [Título da obra derivada] (CC BY NC SA 4.0)

  • Para un recurso creado a partir dunha ou varias obras, respectando os permisos das licenzas para a adaptación de obras derivadas:
    • Se se elabora a partir dunha única obra

Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir de [Título da obra orixinal e ligazón ao sitio web] de [autoría da obra orixinal e ligazón ao sitio web da persoa autora] baixo [licenza da obra orixinal]. [Título] (CC BY-NC-SA)

    • Se se elabora a partir de varias obras, para evitar textos extremadamente longos no texto de atribución, podemos usar un PDF onde referenciamos todos os recursos empregados:

Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir destes recursos. [Título] (CC BY-NC-SA)

  • No caso de faltar o título e/ou a autoría orixinal, respectando os permisos da licenza:

Obra derivada (proxecto cREAgal) de [autoría – autoría descoñecida e/ou título – sen título- e ligazón ao sitio web] baixo licenza [licenza da obra orixinal]. [Título da obra derivada] (CC BY NC SA 4.0)

  • No caso dos pictogramas de Arasaac:

Obra derivada (proxecto cREAgal) de pictograma de ARASAAC. [Título da obra derivada] (CC BY NC SA 4.0)

Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir de pictogramas de ARASAAC. [Título] (CC BY-NC-SA)

Pictogramas de Arasaac

Os pictos de Arasaac aparecerán, no iDevice Créditos dos recursos multimedia, no número de paxinación correspondente á paxina do REA onde se utilizaron e indicando no texto debaixo de cada un "Pictograma de Arasaac". A aplicación xeradora de créditos facilita a xeración desta atribución.

Ciberaula
Pictograma de ARASAAC

Para a súa referencia completa utilizaremos a mención xenérica da autoría: "Os símbolos pictográficos identificados como Pictograma de Arasaac son propiedade do Goberno de Aragón e foron creados por Sergio Palao para ARASAAC (http://www.arasaac.org), que os distribúe baixo Licenza  Creative Common BY-NC-SA.". Esta mención engadirase nun parágrafo a continuación da paxinación cos créditos multimedia.

Xeración de voz sintética co modelo "Celtia"

Para os audios xerados coa ferramenta do Proxecto Nós, (conversión online co seu formulario) indicamos na paxinación de Crédito:

Elaboración propia (proxecto cREAgal) con apoio de IA, voz sintética xerada co modelo Celtia. O reto (CC BY-NC-SA )

De modo análogo aos pictos, incorporamos un parágrafo coa mención xenérica da autoría cando se fai a conversión de texto a voz cos modelos do Proxecto Nós descargados no noso ordenador (conversión local):

"Xeración de voz sintética co uso do modelo "Celtia" do Proxecto Nós, licenza Apache License, Version 2.0
Magariños, Carmen. 2023. Nos_TTS-celtia-vits-graphemes. URL: https://huggingface.co/proxectonos/Nos_TTS-celtia-vits-graphemes."

Atribución na páxina de Créditos de recursos externos embebidos no REA

Na páxina de Créditos, a atribución e referencia de recursos externos incrustados e embebidos en eXeLearning, usando código proporcionado polas distintas ferramentas, farase empregando capturas de pantalla dun fotograma en lugar de usar o código de inserción proporcionado.

Sería o caso de GeoGebra, Scratch, Padlet etc. Trátase de evitar que, ao navegar pola páxina de Créditos, estes programas inicien (por defecto) a súa reprodución e sobrecarguen o navegador, dificultando a navegación pola páxina e polo REA. Non sería necesario no caso de YouTube, que si se pode atribuír co código de inserción ou ligazón, posto que esta plataforma optimiza o código evitando que se inicie a reprodución ao cargar a páxina.

Programa de Scratch
Elaboración propia (proxecto cREAgal) con Scratch. Ejemplo de juego (CC BY-NC-SA)
Programa de Scratch
Elaboración propia (proxecto cREAgal) con Scratch. Ejemplo de juego. (CC BY-NC-SA

Con carácter excepcional, no caso de incluír recursos con copyright acolléndose ao dereito de cita, a atribución realizarase directamente no propio recurso na páxina na que aparece. De modo análogo aos pictos, incorporamos un parágrafo na páxina "Créditos" do REA coa mención xenérica: "Os elementos multimedia incluídos neste REA acolléndose ao dereito de cita con fins educativos, atribúense directamente en cada un deles".

Para todo o material descargable, de xeito complementario á correcta atribución dos recursos na páxina de "Créditos" do REA, recolleremos tamén no propio documento a atribución dos elementos que incorpore.

Documento modelo de atribución no material descargable

Imaxe que amosa un exemplo de atribución no documento descargable
Infografía que describe o mundo das plantas

Se o documento co material descargable incorpora varios elementos gráficos, a atribución realízase na páxina final, indicando a páxina na que aparecen, listándoos por orde de aparición (non reproducir de novo a imaxe), de acordo co modelo facilitado pola coordinación do REA.

Aplicación para xerar os créditos

Para facilitar a xeración destes créditos dos REA usaremos esta aplicación para a xeración de créditos creado por Fran Macías. Esta ferramenta crea os códigos HTML para engadir un apartado de atribución e descrición de elementos multimedia en eXeLearning a partir dun REA. Deste modo só temos que pegar o HTML no iDevice de créditos. Pode consultarse na ferramenta, no botón Axuda, información e videotitorial de uso.

Créditos dos recursos multimedia (exemplo)

Páxina 1

Portada do recurso común a todos os REA de Tecnoloxía e Dixitalización.
Portada REA Tecnoloxía e Dixitalización
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Portada REA Tecnoloxía e Dixitalización (CC BY-NC-SA )

Páxina 2

Fenda dixital
Obra derivada elaborada no proxecto cREAgal) a partir de pictogramas de ARASAAC. Fenda dixital (CC BY-NC-SA )
Ciberaula
Pictograma de ARASAAC
Logo ODS
Naciones Unidas. Logo ODS (Dominio público)
Sociedad dixitalizada
Obra derivada elaborada no proxecto cREAgal) a partir dunha imaxe de Mohamed Hassan obtida vía Pxhere. Sociedade dixitalizada (CC0)

Páxina 3

Avatar
Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir de pictogramas de ARASAAC. Avatar (CC BY-NC-SA )
Egosurfing
Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir de pictogramas de ARASAAC Egosurfing (CC BY-NC-SA )
Diario de aprendizaxe
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Diario de aprendizaje (CC BY-NC-SA )
Identidad digital
Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir da colección Seo And Web 3 vía SVGrepo. Identidade dixital (CC BY-NC-SA )
Buscador
Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir de pictogramas de ARASAAC. Buscador (CC BY-NC-SA )

Os GIF contidos nesta páxina son de Elaboración propia (proxecto cREAgal) do equipo cREAgal e distribúense baixo Licenza Creative Commons BY-NC-SA.

Páxina 4

Manual de informática
Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir de pictograma de ARASAAC. Manual de informática ( CC BY-NC-SA )
Instituciones
Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir de pictogramas de ARASAAC Institucións ( CC BY-NC-SA )
Bandera corrector Rectangle
Piotr Siedlecki. Bandeira corrector Rectangle ( CC0 )
Mapa de Rianxo
Elaboración propia (proxecto cREAgal) utilizando Geogebra a partir de volcado de pantalla de Google maps. Mapa de Rianxo ( CC BY-NC-SA )
Coordenadas
Elaboración propia (proxecto cREAgal) empregando Geogebra. Coordenadas ( CC BY-NC-SA )

Páxina 5

Disco duro
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Disco duro (CC BY-NC-SA )
Memoria RAM
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Memoria RAM (CC BY-NC-SA )
Fuente de alimentación
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Fonte de alimentación (CC BY-NC-SA )
Programa de Scratch
Programa cREAgal en Scratch. Ejemplo de juego (CC BY-NC-SA )
Programa de Scratch
Programa cREAgal en Scratch. Ejemplo de juego (CC BY-NC-SA )

Páxina 6

Periférico
Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir de pictogramas de ARASAAC. Periférico (CC BY-NC-SA )
Placa base
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Placa base (CC BY-NC-SA )
Perifiéricos
Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir de pictogramas de ARASAAC. Periféricos (CC BY-NC-SA )

Páxina 7

Sistema operativo
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Sistema operativo (CC BY-NC-SA )
Escritorio Linux
Ayrodriguezs. Template:Gnome Ubuntu (CC0)
Línea de comandos Linux Debian
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Liña de comandos Linux Debian (CC BY-NC-SA )
Línea de comandos MS DOS
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Liña de comandos MS DOS (CC BY-NC-SA )
Escritorio Abalar 11
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Escritorio Abalar 11 (CC BY-NC-SA )
Categoría aplicaciones Abalar
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Categoría aplicacións Abalar (CC BY-NC-SA )
Writer
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Writer (CC BY-NC-SA )

Calc
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Calc (CC BY-NC-SA )
Impress
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Impress (CC BY-NC-SA )
Draw
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Draw (CC BY-NC-SA )
Base
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Base (CC BY-NC-SA )
Math
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Math (CC BY-NC-SA )


Páxina 8

Mapa Freemind
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Mapa Freemind (CC BY-NC-SA )
Componentes de un ordenador
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Componentes dun ordenador (CC BY-SA 4.0 )

Páxina 9

Antivirus
Mohamed Hassan. Antivirus (CC0)
Robot practicando ejercicio
Elaboración propia (proxecto cREAgal) mediante IA de Bing. Robot practicando exercicio (CC BY-NC-SA )
Actualización
Mohamed Hassan. Actualización (CC0)



https
Fabio Lanari. https (CC BY-SA)

Páxina 10

Páxina sen recursos multimedia.

A ter en conta

  • Na paxinación deberá figurar tantos números como páxinas de contidos teña o REA. Deste xeito, se queremos coñecer toda a información sobre un recurso da páxina 5 dun REA, buscarémolo no número 5 da súa correspondente páxina de Créditos.
  • Se unha páxina non incorpora elementos multimedia, incluiremos a frase "Páxina sen recursos multimedia"
  • Completarase a parte da lapela Título e atribución do elemento, pero non o Encabezamento
    • A referencia do recurso irá debaixo del.
    • O título da obra (ou o pé de foto que elixamos) irá en cursiva.
    • Texto centrado respecto ao recurso e con tamaño de fonte 10. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)