Que é catalogar e por que é importante
Catalogar un recurso educativo aberto non é máis que facilitar á persoa lectora, datos moi valiosos relacionados coa creación dese REA. Servirá para contextualizar os materiais, para atopalos dentro dun buscador, para o seu mantemento e para a súa reutilización, entre outras moitas vantaxes. Para realizar este labor cos REA do noso proxecto, usaremos a utilidade de catalogación baseada no estándar LOM-ES dispoñible en eXeLearning.
LOM é un estándar internacional para a catalogación de recursos dixitais e é utilizado por moitos repositorios de recursos. LOM-ES é unha adaptación do anterior. A catalogación LOM-ES implementouse en eXeLearning, rama española, desde os seus comezos, coincidindo co desenvolvemento de Recursos Educativos Abertos por parte de todas as administracións educativas no marco do Proxecto Agrega.
Como catalogar un REA en eXeLearning?
Propiedades
Para acceder ao catalogador dentro de eXeLearning debemos localizar a lapela “Propiedades”, situada á dereita de contido:
Modo Avanzado
Por defecto cárganos as propiedades básicas. Para unha correcta catalogación necesitamos un maior nivel de detalle de estas propiedades, o que conseguimos pulsando o check Modo avanzado, situado na parte superior dereita da pantalla.
Metadatos -> LOM-ES
Unha vez en Propiedades, navegamos até a lapela Metadatos e escollemos o formato LOM-ES.
Exportar
Neste apartado podemos activar opcións relativas á exportación. Como vemos, a opción de exportar SCORM está activada por defecto.






