Saltar navegación

1.1.1. Principios DUA en eXeLearning

Deseño de múltiples medios de compromiso

Captar o interese

Optimiza as eleccións individuais e a autonomía

PRINCIPIO DO COMPROMISO

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA CAPTAR O INTERESE

Consideración: optimiza as eleccións individuais e autonomía

iDevice

Icona

Uso

Texto:

Icona Desafío do estilo cREAgal

Elección do desafío, reto ou problema contextualizado e próximo.

Texto

Icona Temporalización do estilo cREAgal

Temporalización: secuencias e tempos para realizar as tarefas

Orientacións

Icona Orientacións do estilo cREAgal

Anticipación das tarefas, actividades ou exercicios a realizar

Obxectivo

Icona Obxectivos do estilo cREAgal

Uso de rúbricas ou formulacións de aprendizaxes que se pretenden levar a cabo.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Inserir medio embebido

Iconas guía de verificación_Icona Inserir medio embebido

Insire algún elemento, vídeo, GeoGebra que ofreza interacción co alumnado e permita involucralo.

Efectos

Icona Efectos

Proporciona un sistema de acordeón ou lapelas que ofrezan diferentes niveis de retos.

Sistema de Menús

Icona

Uso

Menú de Inicio

Deseña diferentes actividades en función de niveis de reto ou desafío dirixido ao alumnado. Xera no menú estes niveis. Permite elixir ao alumnado o seu itinerario.

Optimiza a relevancia, o valor e a autenticidade

PRINCIPIO DO COMPROMISO

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA CAPTAR O INTERESE

Consideración: Optimiza a relevancia, o valor e a autenticidade

iDevice

Icona

Uso

Intereses e motivacións

Personaxe Interese

Conecta a actividade con elementos próximos e contextualizados, que resulten cultural e socialmente relevantes.

Ofrecer diferentes fontes informativas que respondan á variedade de intereses do alumnado.

Tarefa

 Icona Tarefa do estilo cREAgal

Deseñar tarefas cuxos produtos finais, ou retos, desafíos ou problemas expostos sexan aplicables á vida real e teñan un propósito claro.

Texto

 Icona Reflexión do estilo cREAgal

Expón actividades que leven o alumnado a reflexionar sobre a relevancia dos contidos ou actividades. Promove niveis de afondamento na reflexión: comprensiva, analítica, crítica ou valorativa.

Texto

 Icona Fala do estilo cREAgal Icona Fala do estilo cREAgal

 Icona Escribe do estilo cREAgal

Abre un debate onde o alumnado poida expresar a súa opinión persoal baseada en experiencias previas sobre os contidos. Poderías incorporar elementos de expresión múltiple como Fala, Grava, Escribe.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Inserir medio embebido

 Iconas guía de verificación_Icona Inserir medio embebido

Insire algún elemento, vídeo, Scratch, GeoGebra… que ofreza interacción co alumnado e permita conectar coa súa realidade cultural e social.

Efectos

 Iconas guía de verificación_Icona Efectos

Proporciona un sistema de acordeón ou pestanas que ofrezan diferentes niveis de fontes informativas que alcancen múltiples intereses.

Hiperligazóns

 Iconas guía de verificación_Icona Ligazón

Áncoras, nodos ou enlaces a ficheiros .elp

Minimiza as ameazas e distraccións

PRINCIPIO DO COMPROMISO

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA CAPTAR O INTERESE

Consideración: Minimiza as ameazas e distraccións

iDevice

Icona

Uso

Temporalización

Icona Temporalización do estilo cREAgal

Temporalización: poñer a disposición do alumnado un calendario coas datas de tarefas, entregas, ou outros eventos de interese que minimicen a inseguridade.

Texto

Icona Recomendación do estilo cREAgal

Ofrece avisos ou alertas que fagan que o alumnado estea preparado ante calquera cambio de rutina, novidade ou dificultade que se presente.

Xestión das emocións

Personaxe Emo

Ofrece variedade de formas de reducir a presión social das demandas das actividades.

Traballa en equipo

Icona Tarefa grupal do estilo cREAgal

Expón actividades grupais nas que o alumnado dispoña do apoio grupal e asegure a participación de todos/as.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Xanela de diálogo

  Iconas guía de verificación_Icona Xanela Dialogo

Propón paradas para reflexionar, descansos se se demandaron actividades longas, consellos do tipo “Non teñas présa”

Efectos

  Iconas guía de verificación_Icona Efectos

Tenta que os menús que elixas se manteñan fixos de forma que axude o alumnado a controlalos e aplicalos nas súas rutinas de traballo.

Sistema de Menús

Icona

Uso

Inicio e paxinación

Tenta que os menús que elixas se manteñan fixos de forma que axude o alumnado a controlalos e aplicalos nas súas rutinas de traballo.

Manter o esforzo e a persistencia

Resalta a relevancia das metas e obxectivos

PRINCIPIO DO COMPROMISO

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA MANTER O ESFORZO E A PERSISTENCIA

Consideración: Resalta a relevancia de metas e obxectivos

iDevice

Icona

Uso

Obxectivo

 Icona Obxectivos do estilo cREAgal

Obxectivo: poñer a disposición do estudantado os obxectivos, graduados segundo dificultade e secuenciados en metas curtas. Redactados para seren comprendidos polo alumnado.

Texto

Icona Recomendación do estilo cREAgal

Ofrece avisos ou alertas en determinadas fases da Unidade que lle lembre que obxectivo traballa na actividade na que se atopa.

Traballa en equipo

Icona Tarefa grupal do estilo cREAgal

Expón actividades grupais nas que o alumnado realice un debate sobre as formas de alcanzar cada obxectivo ou meta, con exemplos concretos. Ofrece exemplos de como conseguilo.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Xanela de diálogo

 Icona Xanela Dialogo

Lembra o obxectivo da actividade ou exercicio. Inclúe a xanela vinculada á parte da actividade na que se pide que exprese a aprendizaxe.

Varía as demandas e os recursos para optimizar os desafíos

PRINCIPIO DO COMPROMISO

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA MANTER O ESFORZO E A PERSISTENCIA

Consideración: Varía as demandas e os recursos para optimizar os desafíos

iDevice

Icona

Uso

Texto

Elixe: actividade orixinal cunha proposta multinivelada. Caixa inicial para actividade xeral. Seis cadros máximo para elixir segundo complexidade.

Texto

Icona Saber do estilo cREAgal

Dar a elixir diferentes recursos para resolver unha tarefa. Estes recursos conducen a un obxectivo pero se presentan en diferentes formatos e niveis de dificultade.

Xestión das emocións

Personaxe Emo

Ofrece axuda o alumnado para sentirse cómodo e motivado co nivel elixido en cada caso. Ofreza feedback positivo sobre cada nivel, complexidade ou dificultade da actividade.

Traballa en equipo

Icona Tarefa grupal do estilo cREAgal

Expón actividades grupais nas que o alumnado dispoña do apoio grupal para abordar actividades con niveis de complexidade alto.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Xanela de diálogo

 Iconas guía de verificación_Icona Xanela Dialogo

Poden usarse para ofrecer apoios máis ou menos intensos segundo a dificultade da actividade ou exercicio.

Efectos

 Iconas guía de verificación_Icona Efectos

Expón unha multinivelación da actividade principal cun sistema de menús que se estruture segundo unha taxonomía (Bloom, SOLO…).

Promove a colaboración e a comunicación

PRINCIPIO DO COMPROMISO

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA MANTER O ESFORZO E A PERSISTENCIA

Consideración: Promove a colaboración e a comunicación

iDevice

Icona

Uso

Traballo en Equipo

Icona Tarefa grupal do estilo cREAgal

Propón grupos de traballo cooperativo ou colaborativo con obxectivos, roles e responsabilidades claros.

Texto

Icona Mediación do estilo cREAgal

Ofrece momentos para que o alumnado resolva os seus conflitos, ideas diferentes ou debates de forma grupal. Ofrece apoios e guías para mediar nos conflitos.

Xestión das emocións

Personaxe Emo

Ofrece información ao alumnado de cando e como debe pedir axuda aos seus compañeiros para realizar unha actividade e sentirse seguro facéndoo.

Grupos homoxéneos

Icona Grupo homoxéneo do estilo cREAgal

Expón actividades grupais nas que o alumnado poida agruparse segundo intereses, capacidades ou motivacións.

Ofrece instrucións cooperativas ou colaborativas en diferentes formatos.

Texto

Icona Coprodución oral do estilo cREAgalIcona Coprodución texto do estilo cREAgal

Expón actividades ou exercicios con produción en parellas ou con titoría entre iguais. Dá a elixir entre diferentes modelos de axuda entre iguais.

Obxectivo

Icona Obxectivos do estilo cREAgal

Obxectivo: uso de rúbricas ou normas para crear expectativas no traballo en grupo.

Aumenta a retroalimentación orientada á mestría

PRINCIPIO DO COMPROMISO

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA MANTER O ESFORZO E A PERSISTENCIA

Consideración: Aumenta a retroalimentación orientada á mestría

IDevice

Icona

Uso

Orientacións

Icona Orientacións do estilo cREAgal

Orientacións: achega un feedback positivo e centrado na mellora ou logro da adquisición do indicador ou obxectivo da actividade, mellor que no rendemento concreto.

Reflexión

Personaxe Clavis

Expón un proceso de reflexión sobre os patróns de erros e respostas incorrectas que puido realizar e a forma de melloralas. Podes achegar autopreguntas, organizadores gráficos… Ofrece patróns de respostas ou execucións correctas como reforzo ás súas reflexións.

Xestión das emocións

Personaxe Emo

Ofrece ao alumnado confianza nas súas propias producións, alentando o seu esforzo e perseveranza na actividade concreta.

Intereses e motivacións

Personaxe Interse

Conecta a actividade con outras que resolvan anteriormente usando patróns similares.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Táboa

Iconas guía de verificación_Icona Táboa

Usa táboas para xerar organizadores gráficos ou autopreguntas con ítems a marcar para apoiar os patróns de resposta correctos.

Efectos

iconos guía de verificación_Icono Bocadillo

Xera recordatorios sobre os pasos correctos a seguir para conseguir o éxito na actividade, que alenten a usar determinados apoios ou recursos para conseguilo, ou reflexionar sobre o procedemento a seguir.

A autorregulación

Promove expectativas e crenzas que optimicen a motivación

PRINCIPIO DO COMPROMISO

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA A AUTORREGULACIÓN

Consideración: Promove expectativas e crenzas que optimicen a motivación

iDevice

Icona

Uso

Obxectivo

Icona Obxectivos do estilo cREAgal

Uso de rúbricas ou dianas de avaliación centradas nas habilidades de auto-eficacia. Cotexo antes-despois da actividade.

Reflexión

Cuestionario

Icona Réflex

Icona Cuestionario do estilo cREAgal

Nunha determinada actividade, expón un proceso de auto-reflexión sobre as expectativas que teñen de abordar con éxito a tarefa. Ofrece unha retroalimentación que minimice as atribucións nas habilidades persoais e maximice o esforzo e adestramento nelas.

Xestión das emocións

Personaxe Emo

Lanza mensaxes para que poña en práctica elementos de auto-control (distraccións, tempos) e de auto-eficacia orientada á tarefa (procedementos, pasos a seguir…).

Intereses e motivacións

Personaxe Interese

Conecta a actividade con outras que resolvan anteriormente con éxito usando patróns similares.

Coñecemento previo

Icona Coñecer do estilo cREAgal

Proporciona exemplos, contraexemplos, modelos... que desmontan mitos ou crenzas sobre a dificultade da habilidade que se require na actividade exposta.

Facilita habilidades e estratexias de afrontamento persoal

PRINCIPIO DO COMPROMISO

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA A AUTORREGULACIÓN

Consideración: Facilita habilidades e estratexias de afrontamento persoal

iDevice

Icona

Uso

Mediación iDevice / Icona con xanela

Icona Mediación do estilo cREAgal

Ante actividades difíciles de resolver ou executar, expón momentos de reflexión grupal, axuda entre iguais, relaxación, mindfulness…, que axuden a afrontala.

Xestión das emocións

Personaxe Emo

Lanza mensaxes convidando á calma, reflexión e relaxación antes de situacións complexas ou difíciles da tarefa. Ofrece alternativas para liberar a tensión: recanto de relaxación, música, atención plena...

Desenvolve a autoavaliación e a reflexión

PRINCIPIO DO COMPROMISO

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA A AUTORREGULACIÓN

Consideración: Desenvolve a autoavaliación e a reflexión

iDevice

Icona

Uso

Reflexión iDevice ou Icona con xanela.

Icona Réflex

Proporcione espazos para a reflexión sobre os propios comportamentos ante unha tarefa, condutas que desenvolveron, melloras que conseguiron...

Cuestionario: icona con xanela

Icona Cuestionario do estilo cREAgal

Cuestionario reflexivo sobre as estratexias metacognitivas empregadas na tarefa.

Deseño de múltiples medios de representación

Proporciona opcións para a percepción

Ofrece formas de personalizar a visualización da información

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA A PERCEPCIÓN

Consideración: Ofrece formas de personalizar a visualización da información

iDevice

Icona

Uso

Texto

Icona Competencia digital do estilo cREAgal

Ao comezo da Unidade ou de cada actividade pódese ofrecer un recordatorio para que o alumnado poida variar a accesibilidade web con recursos externos.

Deseñarase un titorial de como xestionar a visualización do posto de traballo.

Ficheiro adxunto

Icona Adxunto do estilo cREAgal

Proporciona unha versión imprimible da información cun tamaño de letra ampliado.

Ofrece alternativas para a información auditiva

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA A PERCEPCIÓN

Consideración: Ofrece alternativas para a información auditiva

iDevice

Icona

Uso

Ficheiro adxunto

Icona Adxunto do estilo cREAgal

Proporciona información textual adicional a calquera elemento informativo auditivo ou audiovisual. (Alternativa)

Vídeo Interactivo

Icona Interactivo do estilo cREAgal

Para facer accesible auditivamente un vídeo, podemos editalo con este iDevice e incorporar información adicional textual ou visual. No modo edición, podes elixir as opcións texto ou imaxe para facelo. (Complemento)

Texto

Icona Lingua de signos do estilo cREAgal

Os elementos que incorporen Lingua de Signos levarán esta icona.

Galería

Icona Galería do estilo cREAgal

Podes incluír unha galería de imaxes que sirva de complemento á información auditiva do recurso principal. (Complemento)

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Bocadillo

Iconas guía de verificación_Icona Bocadillo

Suxestión: aclara como activar subtítulos en YouTube cando incorpores vídeos. (Alternativa)

Engade imaxes en bocadillos que axuden a comprender a información principal. (Complemento)

Ofrece alternativas para a información visual

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA A PERCEPCIÓN

Consideración: Ofrece alternativas para a información visual

iDevice

Icona

Uso

Texto

Icona Competencia dixital do estilo cREAgal

Ao comezo da Unidade ou de cada actividade pódese ofrecer un recordatorio para que o alumnado poida variar a accesibilidade web con recursos externos.

Deseñarase un titorial de como xestionar a visualización do posto de traballo.

Escoita

estilos iconos paraeducaand_adultos_escucha

Usa este iDevice para presentar a información en audio. (Alternativa)

Engade audios con narrativa visual para contextualizar a información. (Ampliación)

Lupa

Icona Saber do estilo cREAgal

Incorpórao para poder ampliar a visualización de imaxes (Complemento).

Se inclúes imaxes de texto para amplialas, o lector de pantalla para cegos non podería ler este texto. (Alternativa)

Manipula

Icona Manipula do estilo cREAgal

Expón o uso dalgún material ou actividade manipulativa que complemente a información orixinal. (Complemento)

Podes incluír enlaces ou instrucións para crear o recurso.

Ficheiro adxunto

Icona Adxunto do estilo cREAgal

Proporciona un ficheiro para imprimir recursos manipulativos en 3D. (Complemento)

En 1º e 2º ciclo de primaria pódense achegar os ficheiros .bra para descargar os textos e imprimilos a braille. (Alternativa)

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Bocadillo

Iconas guía de verificación_Icona Bocadillo

Suxestión: asocia un audio a unha explicación textual ou gráfica. Se o bocadillo se vincula a texto, facilita a lectura do sintetizador de pantalla para cegos.

Imaxe

Iconas guía de verificación_Icona Imaxe

Cando inclúas unha imaxe inclúe sempre unha descrición da mesma. Se a imaxe non é relevante para entender o contexto no que se aplica, simplemente podes escribir a descrición “Imaxe decorativa”.

Sistema de Menús

Crea unha estrutura organizada en títulos e subtítulos marcados. Isto permite que os navegadores para persoas con discapacidade visual poidan ir saltando entre títulos e chegar á parte desexada.

Proporciona opcións para idioma e símbolos

Aclara vocabulario e símbolos

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA IDIOMA E SÍMBOLOS

Consideración: Aclara vocabulario e símbolos

iDevice

Icona

Uso

Texto

Icona vocabulario do estilo cREAgal

Vocabulario: proporciona información sobre o vocabulario e/ou símbolos complexos que aparecerán na actividade/tarefa, conectándoos coa experiencia e coñecemento previo do alumnado. Utiliza axuda xestual para a comprensión, pictos, debuxos lineais…

Utiliza a definición, como glosarios na mesma páxina: definicións claras e comprensibles, non definicións de dicionario.

Podes engadir exemplos e símbolos, imaxes ou vídeos exemplificativos que favorezan a comprensión do vocabulario.

Texto

Icona Redes semánticas do estilo cREAgal

Semántica: vincula palabras descoñecidas ou difíciles usando redes semánticas (asocia imaxe - palabra - acción) (Ampliación).

Ofrece unha guía para a realización das redes semánticas.

Texto

Icona Fonética do estilo cREAgal

Fonética: proporciona unha axeitada produción fonética, que permita a identificación do termo a introducir.

Use esta icona para presentar a palabra cunha produción correcta.

Exemplo

Icona Exemplo do estilo cREAgal

Proporciona exemplos do léxico que axuden ao alumnado a conectar os termos dos que parten. (Complemento)

Tarefa

Icona Tarefa do estilo cREAgal

Deseñar tarefas referidas á contorna inmediata nas que teñas que usar os termos utilizados (transferencia real, necesario uso social da linguaxe). (Complemento)

Grupos homoxéneos

Icona Grupo homoxéneo do estilo cREAgal

Expón actividades grupais que fagan conexións explícitas para proporcionar coñecementos previos ao alumnado que carece deles ou que non pode evocalos, facilitando as redes semánticas.

Pode alternarse con outros grupos que profunden nestas conexións.

Podes incluír un titorial sobre como deducir o significado a través do contexto.

Vídeo Interactivo

Icona Interactivo do estilo cREAgal

Proporcione vídeos para a clarificación do vocabulario, engadindo texto e xestos de apoio. (Complemento)

En xeral para todos os iDevice

Evita o uso de abreviaturas, acrónimos e siglas.

Evita palabras complexas, polisémicas, con sentido figurado, metáforas, en caso de ter que usalas selecciona as ferramentas de edición máis axeitadas para facelas accesibles.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Bocadillo

Iconas guía de verificación_Icona Bocadillo

Úsaas como cartóns de Aviso asociándoo aos termos que necesites anticipar ao alumnado.

Imaxe

Iconas Apoio visual do estilo cREAgal

Podes incluír organizadores visuais para o ensino de conceptos complexos: mapas semánticos e/ou diagrama de Venn.

Podes engadir imaxes que exemplifiquen os termos que se van traballar.

Xanela

Iconas guía de verificación_Icona Xanela de diálogo

Leva a unha xanela a definición do termo a incluír ou o resumo e compleméntaa con apoio visual, auditivo ou textual.

Úsaa tamén para resaltar patróns, símbolos ou operacións matemáticas complexas.

Efectos

Iconas guía de verificación_Icona Efectos

Podes engadir lapelas ou acordeón para introducir definicións alternativas ao termo que se traballa.

Medio embebido

Iconas guía de verificación_Icona Inserir medio embebido

Podes engadir vídeos explicativos co resumo do termo sobre o que desexas engadir información.

Táboa

Iconas guía de verificación_Icona Táboa

Usa táboas para xerar organizadores que analicen as características semánticas dos termos traballados.

Aclara a sintaxe e estrutúraa

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA IDIOMA E SÍMBOLOS

Consideración: Aclara a sintaxe e a estrutura

iDevice

Icona

Uso

Texto

Icona Gramática do estilo cREAgal

Gramática: para facer accesible sintacticamente un texto, podemos editar o texto e incorporar información visual que aclare a sintaxe descoñecida.

Podes engadir exemplos e símbolos, imaxes ou outros elementos gráficos que apoien o proceso de comprensión.

Texto

Icona Vocabulario do estilo cREAgal

Vocabulario: introduce información gramatical ou símbolos matemáticos, que permitan a comprensión da estrutura.

Manipula

Icona Manipula do estilo cREAgal

Expón o uso dalgún material ou actividade manipulativa, utilizando código de formas e cor que complemente visualmente a información gramatical e/ou sintáctica. (Complemento)

Achegar ficheiro para impresión 3D.

Podes incluír instrucións para crear o recurso de forma axeitada.

Para todos os iDevice

Icona Lectura facilitada do estilo cREAgal

Procura reducir a complexidade das oracións, usando o presente de indicativo, a voz activa, evita o uso do suxeito omitido ou as anáforas.

Transmitir unha idea por frase, tentando escribir unha oración por liña.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Editar código fonte

Iconas guía de verificación_Icona Código fonte

Podes resaltar a sintaxe, buscar e substituír estruturas verbais complexas, tales como perífrases, estruturas compostas.

Imaxe

 Iconas guía de verificación_Icona Imaxe

Podes incluír organizadores gráficos que salienten as diferentes categorías gramaticais.

Edición de texto

Usa a marcación de texto como grosa, cor de letra, tamaño etc., para identificar as estruturas gramaticais desexadas (vermello  →verbo, azul → substantivo…)

Efectos

Iconas guía de verificación_Icona Efectos

Podes engadir liñas do tempo moi simples para marcar as estruturas lineais implícitas nos textos narrativos.

Apoia a decodificación do texto, notación matemática e símbolos

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA IDIOMA E SÍMBOLOS

Consideración: Apoia a decodificación do texto, notación matemática e símbolos

iDevice

Icona

Uso

Ficheiro adxunto

Icona Adxunto do estilo cREAgal

Proporciona información textual, auditiva ou visual que aclare os conceptos, a través de listas de termos clave.

Texto

Icona Vocabulario do estilo cREAgal

Vocabulario: introduce información adicional para facilitar a comprensión de textos, termos matemáticos e símbolos, como folla de referencia matemática, glosarios na mesma páxina referidos aos verbos marcados nos problemas matemáticos e a súa relación con termos matemáticos: palabras clave (por exemplo: sumar= cargar, aumentar…).

Exemplo

Icona Exemplo do estilo cREAgal

Proporciona exemplos e listaxes que axuden o alumnado a conectar as aprendizaxes con aquilo que xa coñecen. (Complemento)

Galería

Icona Galería do estilo cREAgal

Podes incluír unha galería de imaxes que inclúan gráficos, fórmulas matemáticas, exemplos visuais para os problemas matemáticos. (Complemento)

Debes facer algunha aclaración textual sobre as imaxes.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Bocadillo

 Iconas guía de verificación_Icona Xanela de diálogo

Úsaos como cartóns de Aviso asociándoos a unha palabra que indique ao alumnado que o que vén a continuación é relevante.

Imaxe

Iconas Apoio visual do estilo cREAgal

Podes incluír imaxes que permitan visualizar termos matemáticos ou os signos que indican a operación a realizar. (Alternativa para persoas non verbais)

Xanela

Iconas guía de verificación_Icona Xanela de diálogo

Leva a unha xanela o cadro resumen con información textual alternativa sobre os verbos utilizados nos enunciados matemáticos.

Promove a comprensión en todos os idiomas

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA IDIOMA E SÍMBOLOS

Consideración: Promove a comprensión en todos os idiomas

iDevice

Icona

Uso

Texto

Icona Vocabulario do estilo cREAgal

Vocabulario: tradución en galego/castelán

Proporciona información textual auditiva ou audiovisual, do vocabulario clave noutros idiomas. (Alternativa)

Escoita

Icona Escoita do estilo cREAgal

Presente o vocabulario clave en galego/castelán. (Alternativa)

Vídeo Interactivo

Icona Interactivo do estilo cREAgal

Proporcione vídeos para a clarificación do vocabulario, engadindo texto e xestos de apoio en galego/castelán.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Imaxe

Iconas Apoio visual do estilo cREAgal

Podes incluír imaxes visuais para engadir información ao concepto traballado.

Xanela

iconos guía de verificación_Icono Ventana Dialogo

Leva a unha xanela o resumo ou a idea principal e compleméntaa con apoio visual, auditivo ou textual en galego/castelán.

Ilustra a través de múltiples medios

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA IDIOMA E SÍMBOLOS

Consideración: Ilustra a través de múltiples medios

iDevice

Icona

Uso

Recolleito no Consideración 1.1.

Proporciona opcións para a comprensión

Activa ou proporcionar coñecementos previos

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA A COMPRENSIÓN

Consideración: Activa ou proporcionar coñecementos previos

iDevice

Icona

Uso

Coñecemento Previo

Icona Precoñecemento do estilo cREAgal

Expón organizadores previos que axuden o alumnado a establecer pontes entre o novo coñecemento e o coñecemento previo.

Podes optar por organizadores expositivos ou comparativos.

Galería

Icona Galería do estilo cREAgal

Podes incluír unha galería de imaxes, moi descritivas, que conecten con aprendizaxes previas sobre o tema a tratar.

Exemplo

Icona Exemplo do estilo cREAgal

Proporciona exemplos ou modelos que axuden o alumnado a conectar as aprendizaxes con aquilo que xa coñecen.

Grupos homoxéneos

Icona Grupo homoxéneo do estilo cREAgal

Expón actividades grupais que fagan conexións explícitas para proporcionar coñecementos previos ao alumnado que carece deles ou que non pode evocalos.

Pode alternarse con outros grupos que profunden nestas conexións.

Ofrece instrucións cooperativas ou colaborativas en diferentes formatos.

Intereses e motivacións

Personaxe Interese

Conecta os contidos novos con aspectos contextualizados e do interese do alumnado que conteñan similitudes, conexións ou pistas para realizar a conexión conceptual. Propoñer pistas similares en contextos diferentes.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Bocadillo

iconos guía de verificación_Icona Bocadillo

Conecta contidos novos con coñecementos previos usando metáforas ou analoxías co bocadillo.

Imaxe

Iconas Apoio visual do estilo cREAgal

Podes incluír mapas conceptuais inclusores ou organizadores gráficos que sitúen o concepto novo dentro doutro máis xeral e coñecido polo alumnado.

Resalta patróns, características críticas, grandes ideas e relaciones

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA A COMPRENSIÓN

Consideración: Resalta padróns, características críticas, grandes ideas e relacións.

iDevice

Icona

Uso

Destacado

Icona Precoñecmento do estilo cREAgal

Ao finalizar calquera páxina, contido ou explicación importante, podes incluír este iDevice proporcionando algún esquema, organizador gráfico ou explicación textual que saliente as ideas e relaciones clave. (Complemento)

Exemplo

Icona Exemplo do estilo cREAgal

Proporciona exemplos ou modelos que axuden ao alumnado a comprender o esencial ou crítico do tema. (Complemento)

Ficheiro adxunto

Icona Adxunto do estilo cREAgal

Proporciona un ficheiro de descarga coa información principal sintetizada, esquemas, mapas mentais, organizadores gráficos -completos ou para completar-, secuencias, padróns matemáticos... do máis crítico ou destacado do tema. (Alternativa ou complemento)

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Bocadillo

 iconos guía de verificación_Icona Bocadillo

Úsaos como cartóns de Aviso asociándoo a algunha icona, debuxo ou palabra que indique o alumnado que o que vén a continuación é relevante.

Imaxe

Iconas guía de verificación_Icona Imaxe

Podes incluír mapas conceptuais inclusores ou organizadores gráficos que destaquen as ideas principais.

Xanela

 Iconas guía de verificación_Icona Xanela de diálogo

Leva a unha xanela o resumo ou a idea principal e compleméntaa con apoio visual, auditivo ou textual.

Úsao tamén para resaltar padróns, símbolos ou operacións matemáticas complexas.

Edición de texto

Usa a marcación de texto como grosa, cor de letra, tamaño etc. para remarcar ideas principais, padróns ou elementos clave. Non abuses deles, só para aquilo que promova a comprensión, xa que a sobrecarga de marcación pode causar o efecto contrario.

Guía o procesamento e a visualización da información

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA A COMPRENSIÓN

Consideración: Guía o procesamento e a visualización da información.

iDevice

Icona

Uso

Vídeo Interactivo

Icona Interactivo do estilo cREAgal

Para dar indicacións explícitas nun proceso secuencial, algoritmos matemáticos ou outros elementos, podes servirte dun vídeo interactivo. No modo edición, podes elixir as opcións texto ou imaxe para apoiar a comprensión. (Complemento)

Galería

Icona Galería do estilo cREAgal

Podes incluír unha galería de imaxes que apoien e guíen o procesamento da información.

Texto

Proporcionar modelos interactivos que guíen a exploración e os novos coñecementos. Exemplos: Presentación, Secuenciación de imaxes, visita virtual... Asegúrate de que a reprodución offline está dispoñible. De non ser así, non podería ser un elemento esencial da tarefa.

Texto

Icona Manipula do estilo cREAgal

Manipula: expón o uso dalgún material ou actividade manipulativa para apoiar o procesamento da información. Poden ser elementos en 3D (cubos, medidores, figuras para contar) ou recursos cotiáns. (Complemento)

Podes incluír ligazóns ou instrucións para crear o recurso.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Imaxe

Iconas guía de verificación_Icona Imaxe

Podes incluír mapas conceptuais inclusores ou organizadores gráficos para secuencias, establecer categorías, contextualizar...

Xanela

Iconas guía de verificación_Icona Xanela de diálogo

Leva a unha xanela a explicación dalgún algoritmo, secuencia, fórmula...

Efectos

Iconas guía de verificación_Icona Efectos

Usa os efectos que ofrece esta ferramenta para ir presentando a información máis segmentada e gradual, dividíndoa en elementos máis pequenos.

Sistema de Menús

Inicio e paxinación

Estrutura o menú principal para que a información global poida presentarse de maneira progresiva e gradual en dificultade para apoiar o seu procesamento.

Maximiza a transferencia e a xeneralización

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA A COMPRENSIÓN

Consideración: Maximiza a transferencia e a xeneralización.

iDevice

Icona

Uso

Texto:

estilos iconos paraeducaand_adultos_aprender_a_aprender

Evocación: propón prácticas de evocación espaciada e entrelazada que permitan a revisión e a práctica.

Ofrecer opcións para comprobar que a evocación é correcta en relación á aprendizaxe inicial.

Galería

Icona Galería do estilo cREAgal

Incluír imaxes visuais que apoien o alumnado a evocar o contido e transferilo a unha nova situación ofrecida en cada imaxe.

Podes facer algunha aclaración textual sobre as imaxes ou explicar a secuencia na que se presentan.

Caso Práctico

Icona Caso do estilo cREAgal

En Caixa para a Historia: propón situacións diferentes para aplicar os contidos aprendidos.

En Caixa para a Actividade, propón unha actividade na que teña que transferir a aprendizaxe.

Retroalimentación: ofrece a solución á actividade vinculándoa explicitamente coa aprendizaxe inicial traballada.

Intereses e motivacións

Personaxe Interese

Conecta a aprendizaxe con outros contextos ou situacións próximas ao teu alumnado e coñecidas por el.

Ofrece diferentes fontes informativas que respondan á variedade de intereses do alumnado.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Bocadillo

Iconas guía de verificación_Icona Bocadillo

En conceptos ou expresións complexas que lle presentemos, podemos facer unha aclaración vinculando a información cos coñecementos previos relacionados.

Imaxe

Iconas guía de verificación_Icona Imaxe

Podes incluír mapas conceptuais inclusores ou organizadores gráficos para conectar as aprendizaxes ou contidos con situacións novas ou en contextos diferentes.

Xanela

Iconas guía de verificación_Icona Xanela de diálog

Leva a unha xanela a explicación dalgún algoritmo, secuencia, fórmula que sexa presentado nun contexto habitual e/ou cotián.

Efectos

Iconas guía de verificación_Icona Efectos

Usa os efectos que ofrece esta ferramenta para ir presentando a mesma información, contido ou aprendizaxe en situacións diferentes, con contextos de aplicación distintos que axuden a aumentar as pistas para evocalo, xeneralizalo e transferilo en situacións futuras.

Por exemplo, en matemáticas podes expoñer unha mesma fórmula, algoritmo ou cálculo en tres problemas situados en contextos diferentes.

Deseño de múltiples medios de acción e expresión

Proporciona opcións para a acción física

Varía os métodos de resposta e navegación e optimiza o acceso a ferramentas e tecnoloxías de asistencia

PRINCIPIO DE EXPRESIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA A ACCIÓN FÍSICA

Consideración: Varía os métodos de resposta e navegación

Consideración: Optimiza o acceso a ferramentas e tecnoloxías de asistencia

iDevice

Icona

Uso

Texto

Para dar indicacións explícitas sobre a forma de contestar a calquera pregunta, tarefa, actividade, exercicio… Neste iDevice aclararemos ao alumnado as opcións que poden ter en canto a tempos, ritmos de traballo, velocidade e rango de acción motora. (Complemento)

Podes facilitarlle formas de subir a súa resposta en múltiples formatos (escaneos, fotografías, documentos…) e por diferentes vías (email, muro dixital, collage dixital, Moodle).

Ficheiro adxunto

Icona Adxunto do estilo cREAgal

Adxunta un ficheiro no que se proporcionan modelos de resposta editables (imprimibles ou para editar dixitalmente).

Facilita o modelo de resposta con preguntas para marcar a resposta, Si ou Non, relacionar…

Alternativa a iDevice como Actividade despregable,  test SCORM, Lista desordenada, Escolla ou Selección múltiple, Verdadeiro ou Falso ou Encher espazos.

Texto

Icona Competencia dixital do estilo cREAgal

Competencia Dixital: dedica un apartado para que o teu alumnado coñeza o uso de tecnoloxías de asistencia que facilitan a navegación e respostas: teclado virtual, rato óptico, software de recoñecemento de voz…). (Complemento)

Podes incluír un titorial de como xestionar estas tecnoloxías de asistencia á navegación e resposta.

Sistema de Menús

Inicio e paxinación

Estrutura o menú principal para que a información global poida ser navegable con iconas, números de páxina e menú principal.

Proporciona opcións para la expresión e comunicación

Usa múltiples medios para a comunicación

PRINCIPIO DE EXPRESIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA A EXPRESIÓN E COMUNICACIÓN

Consideración: Usa múltiples medios para a comunicación.

iDevice

Icona

Uso

Texto

Icona Canto do estilo cREAgalIcona Debate do estilo cREAgalIcona Escribe do estilo cREAgalIcona Fala do estilo cREAgal

Alternativas de expresión: unha vez que expoñas unha actividade, podes replicala ofrecendo alternativas para comunicar a aprendizaxe que pasen polo uso destes iDevice ou iconas para botóns de retroalimentación. (Alternativa)

Texto


Icona Manipula do estilo cREAgal

Manipula: expón o uso dalgún material ou actividade manipulativa para apoiar o modo de comunicar a súa resposta. Poden ser elementos en 3D (cubos, medidores, figuras para contar) ou recursos cotiáns. (Alternativa)

Podes incluír enlaces ou instrucións para crear o recurso.

Ficheiro adxunto

Icona Adxunto do estilo cREAgal

Permitir opcións para a expresión escrita alternando escolla múltiple, espazos en branco, selección múltiple, verdadeiro/falso…

Grava

Icona Grava do estilo cREAgal

Os alumnos poden elaborar unha gravación como alternativa ao exame escrito. (Alternativo)

Redes sociais

Icona Interactivo do estilo cREAgal

Permita que o alumnado utilice as redes sociais e as ferramentas web interactivas (por exemplo, foros de discusión, chats, deseño web, ferramentas de anotación, guións gráficos, tiras cómicas, presentacións de animación) como medio de expresión alternativo ao texto escrito. (Complemento)

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Efectos

Iconas guía de verificación_Icona Efectos

Usa os efectos dispoñibles nesta ferramenta para ofrecer diferentes formatos opcionais de presentación da súa aprendizaxe. Explícalle as opcións dispoñibles e o modo de envialas.

Entrega opcións para a expresión e comunicación

Usa múltiples ferramentas para a construción e composición

PRINCIPIO DE ACCIÓN E EXPRESIÓN

Directriz: ENTREGA OPCIÓNS PARA A EXPRESIÓN E A COMUNICACIÓN

Consideración: Usa múltiples ferramentas para a construción e composición.

iDevice

Icona

Uso

Texto

Icona Interactivo do estilo cREAgal

Permita o uso de correctores ortográficos, correctores gramaticais, software de predición de palabras, ferramentas específicas para disléxicos.

Podes facer algunha aclaración en texto ou imaxe sobre os diferentes instrumentos a usar.

Texto

Icona Fala do estilo cREAgal

Permita o uso de software de texto a voz (recoñecemento de voz), ditado humano, gravación…

Podes facer algunha aclaración textual ou explicar o uso do recoñecemento de voz.

Manipula

Icona Manipula do estilo cREAgal

Permita o uso de calculadoras, calculadoras gráficas, cadernos de bosquexos xeométricos ou papel gráfico preformatado…

Permita o uso de indicadores visuais, formas ou cor, tiras gráficas de oracións. (Complemento)

Manipula

Icona Manipula do estilo cREAgal

Permita a expresión a través de manipuladores matemáticos virtuais ou concretos (por exemplo, bloques base-10, bloques de álxebra)

Permita a expresión a través de manipuladores sintácticos (por exemplo formas xeométricas, bloques de cores)

Achegar ficheiro para impresión 3D.

Aplicacións web

Icona Interactivo do estilo cREAgal)

Permite o uso das aplicacións web (por exemplo: wikis, animación, presentación...)

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Medio embebido

Icona medio embebido

Insire algunha aplicación web, vídeo interactivo, software de voz, que ofreza oportunidades para a construción do coñecemento.

Desenvolve niveis graduais de andamiaxe para la práctica

PRINCIPIO DE ACCIÓN E EXPRESIÓN

Directriz: ENTREGA OPCIÓNS PARA A EXPRESIÓN E A COMUNICACIÓN

Consideración: Desenvolve niveis graduais de andamiaxe para a práctica.

iDevice

Icona

Uso

Traballa en equipo

Icona Tarefa grupal do estilo cREAgal

Propón actividades grupais nas que o alumnado dispoña do apoio grupal e asegure a participación de todos/as.

Traballo en equipo

Icona Tarefa grupal do estilo cREAgal

Propón grupos de traballo colaborativo o colaborativo con obxectivos, roles e responsabilidades claros.

Texto

Icona Coprodución oral do estilo cREAgal

Ofrece apoios e guías para mediar nos conflitos.

Texto

Icona Coprodución de texto do estilo cREAgal

Ofrece alternativas para a coprodución escrita do alumnado.

Multinivel - Elixe

Icona Aprender a aprender do estilo cREAgal

Propón unha actividade multinivelada segundo Bloom, que permita a andamiaxe para o alumnado.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Imaxe

Iconas guía de verificación_Icona Imaxe

Podes incluír imaxes / iconas que leven a guías ou listas de verificación das actividades propostas.

Proporciona opcións para a función executiva

Guía o establecemento de metas

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA AS FUNCIÓNS EXECUTIVAS

Consideración: Guía o establecemento de metas.

iDevice

Icona

Uso

Exemplo

Icona Exemplo do estilo cREAgal

Proporciona exemplos das secuencias a seguir para acadar o produto ou terminar a tarefa. (Complemento)

Galería

Icona Galería do estilo cREAgal

Podes incluír unha galería de imaxes que constitúan a secuencia a seguir para alcanzar as metas propostas. (Complemento)

Texto

Icona Recomendación do estilo cREAgal

Ofrece avisos ou alertas que informan sobre a dificultade dunha actividade concreta, o esforzo relativo ou os recursos adicionais que necesitará.

3º Personaxe Funcións Executivas

Personaxe Réflex

Este personaxe axuda o alumnado para establecer as súas propias metas en función do produto que ten que elaborar ou resposta que dar. Alerta sobre a dificultade, ofrece suxestións sobre metas adecuadas, propón secuencias alternativas para acadar o produto.

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Imaxe

Iconas guía de verificación_Icona Imaxe

Podes incluír imaxes/iconas que leven a guías ou listas de verificación dos procesos e produtos.

Apoia a planificación e o desenvolvemento de estratexias

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA AS FUNCIÓNS EXECUTIVAS

Consideración: Apoia a planificación e o desenvolvemento de estratexias.

iDevice

Icona

Uso

Texto

Icona Aprender a aprender do estilo cREAgal

Para e pensa: antes de realizar as actividades podemos expoñer rutinas de pensamento que leven á reflexión, controlen a impulsividade e axuden a inhibirse de condutas mecanizadas.

Ofrece retroalimentación en varios formatos con feedback que mostre formulacións correctas.

Ficheiro adxunto

Icona Adxunto do estilo cREAgal

Proporciona un ficheiro de descarga con organizadores gráficos para mostrar e explicar o seu traballo, planificar o seu proxecto de traballo, programar os seus pasos.

Texto

Icona Coprodución oral do estilo cREAgal

Icona Coprodución de texto do estilo cREAgal

Introduza actividades que permitan a coprodución guiada entre iguais.

3º Personaxe Funcións Executivas

Personaxe Réflex

Este personaxe pode mostrar ao alumnado diferentes estratexias específicas que podería pór en xogo para resolver a tarefa, exemplos de planificación axeitada, guías de pasos...

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Imaxe

Iconas guía de verificación_Icona Imaxe

Podes incluír imaxes/iconas que leven a guías ou listas de verificación de posibles estratexias que se poden pór en xogo para resolver a tarefa.

Facilita a xestión da información e recursos

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA As FUNCIÓNS EXECUTIVAS

Consideración: Facilita a xestión da información e recursos.

iDevice

Icona

Uso

Texto

Icona Aprender a aprender do estilo cREAgal

Toma as túas notas: para que o alumnado xestione a memoria de traballo podemos ofrecerlle guías para tomar notas de aspectos importantes, indicacións para agrupar a información por categorías, anotar fórmulas que necesitará para resolver o problema ou tarefa, anotar frases feitas para construír oracións (Lingua e Inglés).

Ofrece retroalimentación en varios formatos con feedback que mostre formulacións correctas.

Ficheiro adxunto

Icona Adxunto do estilo cREAgal

Proporciona un ficheiro de descarga con organizadores gráficos que lle axuden a realizar agrupamentos por categorías.

3º Personaxe Funcións Executivas

Personaxe Réflex

Este personaxe pode mostrar ao alumnado diferentes trucos ou consellos para memorizar aspectos que necesitará usar cando exprese a aprendizaxe. (notas, organizadores conceptuais, indicacións para sistematizar información…).

Ferramentas de Edición

Icona

Uso

Bocadillo

 Iconas guía de verificación_Icona Bocadillo

Usa o bocadillo para facer recordatorios que leven ao alumnado a deterse e tomar nota para o seu uso posterior, colocar un determinado concepto nun organizador gráfico...

Mellora a capacidade para monitorear o proceso

PRINCIPIO DE REPRESENTACIÓN

Directriz: PROPORCIONA OPCIÓNS PARA As FUNCIÓNS EXECUTIVAS

Consideración: Mellora a capacidade para o seguimento do proceso.

iDevice

Icona

Uso

Texto

Icona Aprender a aprender do estilo cREAga

Seguimento: ofrece ao alumnado a posibilidade de autoavaliar o seu propio proceso de aprendizaxe ofrecendo un feedback informativo, que lle mostre como mellorar ou como facer a tarefa de forma diferente para conseguir o éxito.

Ficheiro adxunto

Icona Adxunto do estilo cREAgal

Proporciona un ficheiro de descarga con listas de control, dianas de avaliación, rúbricas, exemplos de desempeño.

iDevice interactivos

Recursos interactivos

Estudo de caso

Actividade de lectura

Didáctico específico da actividade.

Usa a retroalimentación dispoñible nestes iDevice ou exercicios interactivos para ofrecer, non só a resposta correcta, senón o camiño axeitado para acadala. Ofrece alternativas diferentes para acadar un mesmo resultado. Proporciona exemplos, fotos antes-agora...

Rúbrica

Icona Rúbrica do estilo cREAga

Proporciona a rúbrica cunha linguaxe comprensible e con utilidade práctica para valorar os progresos realizados. A rúbrica debe estar dispoñible para o alumnado en calquera momento. Situar dentro do menú principal.

Ofrece a posibilidade de realizar autoavaliación individual e grupal das tarefas realizadas facendo uso da rúbrica.

Reflexión

Cuestionario

Icona Reflexión do estilo cREAgal

Icona Cuestionario do estilo cREAgal

Nunha determinada actividade, expón un proceso de autoreflexión con autopreguntas sobre as tarefas realizadas, habilidades postas en xogo, resultados obtidos, comparación de procesos… Podes axudarte dun cuestionario guía.

Tarefa grupal

Icona Tarefa grupal do estilo cREAgal

Xera procesos de autoavaliación guiada que inclúan o uso de Dianas de Avaliación con visualización (antes-despois), gráfico de procesos ou listas de verificación de pasos.

3º Personaxe Funcións Executivas

Personaxe Réflex

Este personaxe pode convidar o alumnado a facer o seu progreso en determinadas fases da tarefa. Pode ofrecer feedback formativo que use para guiar o seu propio esforzo e práctica.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)