Segue as pautas e recomendacións que che indicamos no apartado 1.4.2 desta guía.
4. Primeira revisión:
Comproba coa túa organización, equipo ou persoa coordinadora se se axusta á proposta.
Se é necesario, modifícao seguindo as achegas que che fagan.
5. Validación:
Se contas cun equipo de validación, envía o documento.
Continúa o proceso seguindo as pautas que che marquen.
Se o texto, documento ou recurso escrito que creaches forma parte dun proxecto de elaboración de REA, ten tamén en conta as indicacións da guía de estilo e outros requisitos consensuados pola organización.
Comezar a adaptar un recurso seguindo pautas de Lectura Fácil
1. Analiza o documento orixinal sobre o que vas facer a adaptación e responde:
Que tipo de texto/documento é.
Cal é a súa temática.
Cal é a súa extensión.
Que elementos contén, cal é o seu deseño.
Que necesidade cobre.
Que complexidade ten.
Que elementos para o deseño se usan.
2. Analiza tamén a súa estrutura:
Identifica os apartados e subapartados.
Como están organizadas as ideas: principais e secundarias.
Que vocabulario usa.
3. Toma decisións sobre:
Quen serán as persoas usuarias do texto documento. Analiza o seu perfil.
Que información queres dar.
Cal será a extensión final do documento.
Que elementos ou recursos de apoios complementarios vas introducir.
Que partes do documento vas usar e de cales vas prescindir.
Que orde vas seguir na presentación da información.
Decide tamén se é necesario incluír información adicional para que o documento ou texto sexa comprendido mellor.
Por último concreta o formato e soporte no que vas publicalo.
Segue as pautas e recomendacións que che indicamos no apartado 1.4.2 desta guía.
5. Primeira revisión:
Comproba coa túa organización, equipo ou persoa coordinadora se se axusta á proposta.
Se é necesario, modifícao seguindo as achegas que che fagan.
6. Validación:
Se contas cun equipo de validación, envía o documento.
Continúa o proceso seguindo as pautas que che marquen.
Se o texto, documento ou recurso escrito que adaptaches forma parte dun proxecto de elaboración de REA, ten tamén en conta as indicacións da guía de estilo e outros requisitos consensuados pola organización.