Saltar navegación

Accesibilidade e calidade

Recomendacións para crear materiais inclusivos e accesibles

Vimos como os REA se ligan a conceptos como a accesibilidade: un material máis accesible será de maior calidade que un menos accesible. Ofrecemos a continuación unha serie de recomendacións que forman parte da  Lista de comprobación de calidade dun recurso do CEDEC que condensan o proposto na Guía técnica e e de deseño do proxecto cREAgal.

Recomendacións para elaborar materiais accesibles e inclusivos
Cedec. 12 Recomendacións para elaborar materiais accesibles e inclusivos (CC BY-SA)

Accedemos ao seguinte texto para profundar no contido da infografía:

FORMATO E ESTILO

O recurso deséñase tendo en conta pautas formais que melloran a capacidade de comprensión en todas as persoas, ofrecendo un estilo gráfico uniforme que facilita a lectura:

  1. O texto alíñase á esquerda.
  2. Utilízanse tipoloxías de letra accesibles (de fácil lectura, por exemplo, Atkinson Hiperlegible (a usada nos REA de cREAgal), Sans Serif, Arial, Ubuntu ou unha fonte que sexa sinxela).
  3. Sinálanse algunhas palabras ou ideas con letra grosa pero sen abusar.
  4. Hai punto e final despois de cada frase.
  5. Existe coherencia entre as iconas e o texto ao que acompañan.

COMUNICACIÓN INCLUSIVA

As pautas comunicativas, orais e icónicas, oriéntanse cara á inclusión de homes e mulleres así como todo tipo de persoas desde unha perspectiva igualitaria.

  1. Os contidos inclúense tendo en conta a perspectiva de xénero. Selecciónanse contidos que dan visibilidade ás contribucións tanto das mulleres como dos homes nos diferentes campos do coñecemento, evitando unha perspectiva androcéntrica ou nesgada.
  2. A linguaxe icónica é inclusiva A linguaxe icónica non é sexista, coida que nas imaxes de grupo non exista supremacía de representación masculina e tópicos culturais (por exemplo, o médico e a enfermeira, os nenos fortes e as nenas sensibles) e propón imaxes contra estereotipadas, chamadas tamén positivas (por exemplo, aparecen nenos sensibles e nenas fortes, homes que son enfermeiros e mulleres doutoras).
  3. A linguaxe escrita tende a ser inclusivo. Na medida do posible evitar o masculino xenérico e o masculino singular e, para iso, proponse o cambio de redacción cun xiro que diga o mesmo utilizando a perífrase ou a metonimia. Por exemplo, utilizar vocábulos inclusivos do tipo alumnado, profesorado, persoas, amizades, xefatura.
  4. Represéntanse persoas con trazos físicos diferentes que se asemellen á realidade do alumnado. Represéntase unha realidade humana variada e non estereotipada (por exemplo, non todos os personaxes son altos e de trazos centroeuropeos), próxima ao alumnado, evitando a reprodución do imaxinario creado polos medios de comunicación masivos, para ofrecer unha imaxe real do mundo.

ACCESIBILIDADE

O recurso deséñase desde unha perspectiva aberta e inclusiva, facilitando ao máximo a comprensión do mesmo e a interacción co material en caso de necesitar tecnoloxía de asistencia.

  1. Existe un alto contraste entre texto/imaxes/vídeos sobre o fondo. O recurso está realizado de maneira que a visualización e lectura do mesmo é cómoda e de calidade
  2. Textos escritos seguen as recomendacións de 'lectura fácil', segundo público obxectivo.
    • A sintaxe é directa, sinxela e previsible.
    • Pode axustarse o tamaño do texto.
  3. Todos os as ligazóns ou hiperligazóns ábrense en xanela nova (e así se indica ao pasar o rato pola ligazón).
  4. As imaxes e vídeos contemplan un rótulo aos seus pés con información acerca da atribución.
  5. Os vídeos contemplan posibilidade de engadir subtítulos para favorecer a comprensión por parte de persoas con discapacidade auditiva.
  6. As táboas incorpóranse directamente no recurso, non son unha imaxe. Por exemplo, no editor de texto seleccionamos inserir "Táboa" para posibilitar a lectura por parte das tecnoloxías de asistencia utilizadas por persoas con discapacidade visual.

 Todos estes elementos de accesibilidade e inclusión desenvólvense no apartado 1. Guía para o deseño, da Guía técnica e de deseño do proxecto cREAgal:

Revisaremos as pautas para elaborar REA inclusivos e accesibles para o proxecto cREAgal no módulo 2.

Lista de comprobación de calidade dun Recurso Educativo Aberto

A calidade dos REA do proxecto cREAgal son supervisados coa Rúbrica para a revisión técnica e de estilo e coa Rúbrica de calidade e accesibilidade, que derivan das pautas ofrecidas pola Norma UNE 71362:2020. Igualmente, a guía do profesorado correspondente a cada REA tamén é supervisada coa aplicación da correspondente rúbrica.

No módulo 2 analízanse os elementos imprescindibles que debe conter calquera REA de calidade e que se sintetizan no apartado 1.3. Guía de calidade da Guía técnica e de deseño do proxecto cREAgal.

Pictograma que indica calidade
Autor: Sergio Palao;propiedade Goberno de Aragón. Calidade (CC BY-NC-SA)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)