A mellora educativa nace dos fins educativos, a metodoloxía e a didáctica antes que da tecnoloxía e os materiais, con independencia da calidade dos mesmos. A importancia da comunicación e das relacións sociais na práctica educativa evidencian que non é a ferramenta e os materiais o que poden dotar dun sentido profundo á educación, senón o que facemos con esta ferramenta e os materiais. Por iso, aprender a utilizar a ferramenta, no noso caso eXeLearning, sen un marco metodolóxico que a sustente é como realizar castelos de naipes no aire, un mero exercicio de virtuosismo ou boutade.
Neste módulo ímonos centrar en coñecer que diferenza calquera material publicado coa finalidade ser consultado publicamente dun recurso educativo aberto, onde podemos achar REA e exemplos de aplicación práctica nas aulas.