Materias pendentes
Alumnado ao que se lle realiza unha ACS en 2º da ESO con materias pendentes de 1º, cómo se xestionan as pendentes?
Se un/ha alumno/a escolarizado/a en 2º da ESO ten materias pendentes de 1º da ESO e se lle realiza unha ACS deberiamos supoñer que o currículo adaptado da ACS é o de 1º da ESO
- polo que cando o/a alumno/a supere a ACS tamén debería ter acadados os mínimos de 1º da ESO.
- Os criterios de promoción do alumnado con ACS son os establecidos na propia ACS, polo que se supera a ACS e promociona de curso, a normativa non contempla que teña que recuperar as áreas superadas con ACS.
Alumnado con ACS en 1º da ESO promocionaa 2º con materias pendentes (nas que tiña ACS), considéranse pendentes as materias de 1º e debe presentarse aos exames extraordinarios extraordinarioscomo o resto, ou ao retomarse a súa ACS en 2º, se esta se supera, pode entenderse que está superada a de 1º?
- Se un alumno con ACS en 1º da ESO promociona a 2º de acordo cos criterios de promoción establecidos na ACS, e ten algunha área con ACS pendente de superar de 1º habería que revisar dita ACS para valorar:
- Se se mantén a ACS de 1º curso nas materias non superadas ou se modifica (se esta modificación é significativa deberá ser autorizada pola inspección educativa).
- Se se realiza unha nova ACS nas materias que o alumno superou en 1º con ACS.
- Débese recordar que os criterios de promoción son os establecidos na ACS.
- En todo caso, as medidas extraordinarias de atención á diversidade non poden ir en detrimento de promocionar ou titular.
- A LOMCE, no art59, engade unha sección cuarta dentro do capítulo I do título II e un artigo 79 bis, coa seguinte redacción: «Seccióncuarta. Alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe Artigo 79 bis. Medidas de escolarización e atención. 2. A escolarización do alumnado que presenta dificultades de aprendizaxe rexerase polos principios de normalización e inclusión e asegurará a súa non discriminación e a igualdade efectiva no acceso e permanencia no sistema educativo