Saltar navegación

ACS na ESO

No currículo da ESO_LOMCE na CA de Galicia, establece que as:

ACS realizaranse procurando o máximo desenvolvemento posible das competencias; a avaliación continua e a promoción tomarán como referente os elementos fixados nas devanditas adaptacións (Paragrafo 2º do artigo 7.4 do DEC_86/2015, : )

  • No artigo 7.2 do DECRETO 86/2015, relativo ao aneae, establece nos mesmos termos que o referido art.79.bis da LOMCE, que:
    • A escolarización do alumnado con neae rexerase polos principios de normalización e inclusión, e asegurará a súa non-discriminacióne a igualdade efectiva no acceso e na permanencia no sistema educativo”.
  • Logo, o artigo 7.4 do citado DEC_86/2015 reflicte:
    •  A consellería con competencias en materia de educación, coa finalidade de facilitar a accesibilidade ao currículo, establecerá os procedementos oportunos cando cumpra realizar adaptacións significativas dos elementos do currículo, coa finalidade de atender o alumnado con necesidades educativas especiais que as precise.
  • Estas adaptacións realizaranse procurando o máximo desenvolvemento posible das competencias; a avaliación continua e a promoción tomarán como referente os elementos fixados nas devanditas adaptacións.
  • En calquera caso, o alumnado con ACS deberá superar a avaliación final para poder obter o título correspondente.

ACS realizaranse procurando o máximo desenvolvemento posible das competencias; a avaliación continua e a promoción tomarán como referente os elementos fixados nas devanditas adaptacións (Art.8.3 do DEC_86/2015, principios xerais: )

No artigo 8.3 do DECRETO 86/2015, establece como principios xerais:

  • A ESO organízase de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade do alumnado.
  • As medidas de atención á diversidade nesta etapa estarán orientadas a responder ás necesidades educativas concretas do alumnado, ao logro dos obxectivos da ESO e á adquisición das competencias correspondentes, e non poderán, en ningún caso, supor unha discriminación que lle impida acadar os devanditos obxectivos e competencias, e a titulación correspondente .

Logo, no capítulo IV relativo a Avaliacións, promoción e titulación, establece no seu artigo 21.4:

  • Estableceranse as medidas máis adecuadas para que as condicións de realización das avaliacións, incluída a avaliación final de etapa, se adapten ás necesidades do alumnado con necesidades educativas especiais. Estas adaptacións non se terán en conta en ningún caso para minorar as cualificacións obtidas.