ACS en EP: A LOMCE contempla a organización da EP por cursos, polo que non se poderán realizar ACS por ciclos, senón por cursos en toda a etapa de PRIMARIA a partir do curso 2015-2016.
- Cando un alumno ou alumna supere unha ACS nalgunha área ou materia e continúe con algunha área con ACS sen superar:
-
- Haberá que realizar unha nova ACS nas materias superadas, se procede, e revisar as ACS que seguen sen superar para valorar se continúan vixentes ou se modifican parcialmente.
- No caso de que a modificación da ACS das áreas non superadas sexa significativa precisarase nova autorización da inspección educativa.
- O/A alumno/a promocionaráao curso seguinte de acordo cos criterios establecidos na ACS
- O artigo 16.5 do Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da EP na CA de Galicia, dispón:
- “Correspóndelle á Consellería competente en materia de educación establecer as condicións de accesibilidade ao currículo do alumnado con NEEs, os recursos de apoio que favorezan ese acceso e, de ser o caso, os procedementos oportunos cando sexa necesario realizar adaptacións significativas dos elementos do currículo dese alumnado"
- Estas adaptacións se realizarán buscando o máximo desenvolvemento posible das competencias chave, e a avaliación continua e a promoción tomarán como referentes os elementos fixados nas devanditas adaptacións”.