Preguntas frecuentes
A valoración das competencias chave, debe ter en conta o nivel da ACS ou do curso de referencia no que está o/a alumno/a?:
Os decretos de currículo de primaria e de secundaria (no caso da ESO) establecen que os criterios de avaliación e os estándares son os establecidos na adaptación curricular.
Para a promoción tomaranse como referente os elementos fixados en ditas adaptacións, polo que se un/unha alumno/a supera a AC e promociona de curso, a normativa non contempla que teña que recuperar as áreas superadas con AC aínda que o currículo adaptado estea referido a cursos inferiores.
De acordo co RD 562/2017, para obter o título de graduado en ESO será preciso, entre outros requisitos, que o equipo docente considere que o/a alumno/a ten acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.