Alumno/a con ACS en 1º da ESO:
O profesorado expón que na avaliación, a nota que vai facer constar no XADE será atendendo ao curso de referencia no que se atopa escolarizado o/a alumno/a, a pesar de que fará constar que conta con ACS no icono que aparece ao respecto.
O/A profesor/a pretende comunicarlle a nota da ACS verbalmente ao alumno/a e á familia, pero desde o DO infórmaselle que a nota que figura no XADE é a da ACS, e que o icono o que indica precisamente é que esa nota non é segundo o currículo de referencia do curso no que está, senón segundo a súa ACS.
Que outra orientación podemos darlle respecto a iso?:
A cualificación que procede comunicar ao alumno/a e á familia é a que se recolle nas actas e que se basea na avaliación dos aspectos que se insiren na ACS de cada área /materia.
A cualificación contén a nota e nunha 2ª columna con M.A.:
Medidas adoptadas (ACS: Adaptación curricular / RE: Reforzo educativo)
NOTA: No caso de ESO ver ORD_ECD 1361/2015 (art 13.2, 15, 23.4, 29 e anexos na RES do 13/06/2016 MEC): "As materias con ACS consignaránse cun asterisco (*) xunto a calificación da mesma".
Alumno/a con ACS en 1º da ESO: