Saltar navegación

Dúbidas.Curriculo de referencia

 Alumnado escolarizado en 3º de EP (currículo de referencia) precisa unha AC con currículo adaptado do 2º ciclo de EI:

Debería realizarse nas tres áreas de EI ou nas áreas de EP? 

  • As áreas deben ser as de 3º de EP (currículo de referencia) aínda que no currículo adaptado se introduzan obxectivos, contidos, ..., que estean referidos ao 2º ciclo de EI, pero as áreas de AC teñen que ser as de 3º de EP.

Á hora de avaliar, o alumno nunca superará os mínimos que figuran para o seu nivel de escolarización no XADE (3º de EP): 

Mediante unha AC pódense eliminar, modificar ou introducir obxectivos, contidos, estándares, ..., e os criterios de avaliación e os estándares serán os establecidos na AC (currículo adaptado) e non os do propio curso no que o alumno estea escolarizado (currículo de referencia).

Habería que realizarlle un expediente e un informe familiar específico en función da AC e no XADE facer constar unha cualificación inferior a 5 e RE en todas as materias? 

  • O informe ás familias é similar ao do resto do alumnado facendo constar AC nas áreas con AC. 
  • No XADE e nos documentos de avaliación as cualificacións das áreas con AC tamén levan AC.