Saltar navegación

Elaboración de AC

Stopic. Focus (CC BY-SA)

ASPECTOS A TER EN CONTA .

Duración: un curso (poderá ampliarse en caso de permanecer un ano máis no nivel).

Realizarase, con carácter xeral, na educación básica obrigatoria (primaria e ESO).

Con carácter xeral, non se contemplan en bacharelato , FP e EI.

.Poden realizarse en programas de FPB en CEE, pero non en ciclos de FPB en centros ordinarios.

.No caso de superar unha ACS nalgunhas materias e continuar con materias con ACS sen superar habería que realizar, se procede, unha nova ACS nas materias superadas e revisar as materias con ACS sen superar para valorar se precisan modificación.

No caso de que a modificación da ACS das áreas non superadas sexa significativa precisarase nova autorización da inspección educativa.

.Reflectirase como AC nos documentos oficiais de avaliación e no informe ás familias.

.O documento de información ás familias é o mesmo que para o resto do alumnado.

.Antes de realizar unha ACS sería conveniente aplicar outras MAD menos extraordinarias entre elas, a repetición de curso, aínda que non é preceptivo.

Condicións


  • Dirixidas ao alumnado que non pode seguir o proceso ordinario de ensino aprendizaxe sen medidas extraordinarias de modificación do curriculum de referencia. 
  • O deseño e desenvolvemento é responsabilidade do profesorado da área ou materia coa colaboración do departamento correspondente e o asesoramento do orientador do centro. 
  • Terán unha duración mínima dun  curso. 
  • Revisaranse polo menos unha vez ao remate do curso. 
  • A avaliación do alumnado que siga unha adaptación curricular farase en función dos criterios individualizados establecidos nela. 
  • Quedarán reflectidas no expediente académico do alumno/a como ACS.