L1806030 - Incluíndonos na ecuación do cambio III. Descubre, potencia e comparte
Section outline
-

L1806030 Incluíndonos na ecuación do cambio III.
Descubre, potencia e comparte
-
Presentación e introducción á formación
-
Enlaces, documentos, vídeos ou outros materiais de interés para compartir co grupo.
-
A feira educativo deseñouse para promover a participación activa dos participantes, creando oportunidades para a aplicación de habilidades e de pensamento: arte e pensamento, pensamento de deseño, creativo, crítico e científico; así como o desenvolvemento da comprensión profunda e a visualización de pensamento.
Os centros que asistiron á feira foron o CEIP de Bretoña, o CPR San José, o CPR Cervantes, o IES Ollos Grandes, o CPI Ramón Piñeiro e o CPR Milagrosa. Ademáis de levar un grupo de escolares de visita cada centro presentou un stand con prácticas educativas innovadoras e obradoiros interactivos.
Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, inaugurou a feira educativa nun acto no que tamén participaron un representante da Deputación, un representante da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e unha representante do profesorado. Tamén acompañáronnos a Xefa Territorial da Consellería de Educación e tres asesores do Centro de Formación e Recursos de Lugo.
Na feira tamén participaron e presentaron obradoiros interactivos as empresas Latento Altas Capacidades, Vermislab e Evasión VR.
O acceso á feira estivo aberto ao público.

-
Clara Megías, profesora universitaria e membro do colectivo Pedagogías Invisibles, nas súas intervencións puxo en valor a arte como ferramenta para crear habilidades de pensamento complexas. Exemplificou diferentes proxectos educativos onde a arte se utiliza interdisciplinarmente para abordar o curriculo oficial e resaltou a importancia do pensamento e os procesos creativos para potenciar o talento.

-
Paloma Lugilde, directora teatral, centrouse en activar o talento dende un punto de vista corporal, mellorando habilidades comunicativas e de autocontrol. Tamén exemplificou como desenvolver o talento e atender á diversidade.

-
A conferencia de Miriam Fernández de Latento Altas Capacidades á que puidemos asistir profundizou no concepto contemporáneo de talento e deu pautas de como eliminar estereotipos e promover unha mentalidade de crecemento.
-
ESCAPE JAIL. FUXE DO CÁRCERE.
Proxecto anual elaborado coa colaboración de todos os centros participantes na formación "Incluíndonos na ecuación do cambio".

-
Relación de proxectos presentados na feira educativa TalentLab Lugo.
-
Boas prácticas educativas expostas ao público durante as xornadas TalentLab Lugo, no auditorio do Vello Cárcere.

