Section outline

  • A feira educativo deseñouse para promover a participación activa dos participantes, creando oportunidades para a aplicación de habilidades e de pensamento: arte e pensamento, pensamento de deseño, creativo, crítico e científico; así como o desenvolvemento da comprensión profunda e a visualización de pensamento.

    Os centros que asistiron á feira foron o CEIP de Bretoña, o CPR San José, o CPR Cervantes, o IES Ollos Grandes, o CPI Ramón Piñeiro e o CPR  Milagrosa. Ademáis de levar un grupo de escolares de visita cada centro presentou un stand con prácticas educativas innovadoras e obradoiros interactivos. 

    Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, inaugurou a feira educativa nun acto no que tamén participaron un representante da Deputación, un representante da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e unha representante do profesorado. Tamén acompañáronnos a Xefa Territorial da Consellería de Educación e tres asesores do Centro de Formación e Recursos de Lugo. 

    Na feira tamén participaron e presentaron obradoiros interactivos as empresas Latento Altas Capacidades, Vermislab e Evasión VR. 

    O acceso á feira estivo aberto ao público.