Na feira educativa participaron alumnado de 4º EP e 1º, 3º e 4º ESO.

O curso de 4º de educación primaria presentou no stand do noso centro un proxecto sobre a Idade Media, outro sobre formas xeométricas e diferentes experimentos científicos. 

Alumnado de 3º e 1º de educación secundaria visitaron as instalacións de Radio Voz e acudiron a unha entrevista para presentar as xornadas TalentLab Lugo. 

O alumnado de 1º de educación secundaria presentaron as súas máquinas autómatas elaboradas en cartón e un proxecto onde decoraron diferentes lámpadas con contidos da materia Valores Éticos. 

 

O alumnado de 4º de educación secundaria presentou o seu proxecto "Conduce con corazón", unha campaña para concienciar sobre os perigos da carretera e promover unha conducción segura. Tamén expuxeron diferentes cadros artísticos e o corto de animación "As aventuras de Pepe". 

Presentación do corto de animación "As aventuras de Pepe": 

Alumnado de 3º de educación secundaria participou expoñendo un resumo do proxecto Out of Eden, organizado por Harvard Graduate School of Education, e organizaron diferentes actividades interactivas e creativas. 

Última modificación: venres, 24 de maio de 2019, 1:11 PM