Saltar navegación

Rúbrica de avaliación

2. Configura a rúbrica de avaliación do obradoiro:

2.1 Preme en Editar o formato de avaliación, na fase de configuración do obradoriro do cadro das fases. Crea tantos "criterios" como desempeños se vaian avaliar.

Fíxate que podes valorar con puntos os diferentes niveis de logro. Na imaxe segunte valóranse 3 niveis con 0, 1 e 2 puntos respectivamente, pero poderían ser 0, 2 e 4. Deste xeito podes darlle máis ou menos peso (puntos) aos niveis de logro en cada desempeño en función da súa  dificultade, complexidade, tempo requerido etc...

Na seguinte imaxe tes un criterio xa configurado:

Obradoiro rúbrica
Licenza: CC BY-SA

2.2 Comproba a  rúbrica coa vista previa. Unha vez completa a rúbrica preme en "Garda e facer unha vista previa" e amosarase. A configuración das capturas anteriores produce esta rubrica: 

Obradoiro rúbrica comprobar
Licenza: CC BY-SA

2.3 Comproba os pasos realizados:

Obradoiro rúbrica configurada
Licenza: CC BY-SA