O "Obradoiro" permite ao profesor propor un traballo individual coa característica de que o traballo dun estudante pode ser avaliado por outros estudantes (coavaliación). A avaliación debe facerse mediante un conxunto de criterios e rúbricas.
No Obradoiro o alumno recibe dúas cualificacións separadas:
- Polo seu traballo, proveniente da media das avaliacións que reciba.
- Polas súas avaliacións. As avaliacións que realiza o estudante son cualificadas de forma automática en función do resto de cualificacións.
O Obradoiro desenvólvese en fases, cada unha cunhas tarefas determinadas para profesor e estudantes. Estas fases son:
- Configuración (profesorado)
- Envío dos traballos (alumnado)
- Avaliación inter pares e autoavaliación (alumnado)
- Revisión das cualificacións feitas polo alumnado (profesorado)
- Peche (profesorado). Nesta fase o alumnado verá as súas cualificacións.
O Obradoiro é, sen dúbida, a actividade máis complexa de configurar polo que é necesario ter un nivel avanzado no manexo de Moodle.
A información sobre a creación e configuración do obradoiro foi obtida do "Espazo de apoio á Creación de cursos Platega".